A exposición da Xunta de Galicia no Gaiás para xogar coa arquitectura, Argallar, pechou esta pasada fin de semana con máis de 14.400 persoas en tan só 51 días que estivo aberta na Cidade da Cultura de Galicia. Deste número, un total de 2.500 visitas foron escolares procedentes de medio cento de centros de toda Galicia.
A Cidade da Cultura acollerá o vindeiro 21 de novembro a conferencia O poder da conversa: comunicar para emprender, na que a catedrática de lingüística e divulgadora Estrella Montolío porá o foco na grande esquecida da comunicación na contorna profesional: a conversa.
A mostra Galicia, un relato no mundo, que a Xunta inaugura no Gaiás a próxima semana, concibe as novas tecnoloxías como un elemento central do relato da exposición, empregando sistemas punteiros de realidade virtual, realidade aumentada e dispositivos de detección sensorial.
O primeiro relato de viaxes do que se ten constancia en España foi escrito hai 16 séculos por unha aristócrata da Gallaecia romana, Exeria, que movida pola curiosidade por coñecer os escenarios bíblicos emprendeu unha peregrinación desde Galicia ata Terra Santa.
A Xunta de Galicia organiza para o vindeiro sábado 23 de novembro #CulturaLike, unha xornada que reunirá no Gaiás dous divulgadores culturais que están a triunfar nas redes sociais cos seus contidos: Jaime Altozano, con máis de dous millóns de seguidores, e o galego Miguel Ángel Cajigal, máis coñecido como El Barroquista, con máis de 40.000 só na canle de Twitter.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 119
- 120
- 121
- 122
- 123
- 124
- 125
- 126
- 127
- …
- seguinte ›
- última »




