Sala de prensa

 
Santiago, 12 de Febreiro de 2020

Comeza na Cidade da Cultura a quinta edición do coworking de Santiago de Compostela, organizado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria en colaboración coa Escola de Organización Industrial (EOI) e o Centro de Emprendemento Creativo do Gaiás, onde os promotores de 22 iniciativas de emprendemento recibirán formación, asesoramento e titoría durante os próximos cinco meses na posta en marcha das súas iniciativas empresariais.

Santiago, 12 de Febreiro de 2020

A Cidade da Cultura convida as familias a vir festexar o luns de Entroido (24 de febreiro) cun trouleiro baile de disfraces de temática animal, amenizado coa música da picadiscos infantil Marifaltri e co coñecido espectáculo-musical A nena e o grilo, de Magín Blanco e A Banda das Apertas.

Santiago, 10 de Febreiro de 2020

A Fundación Cidade da Cultura de Galicia presentou hoxe o segundo Obradoiro de Novela Cidade da Cultura, tras o éxito alcanzado pola primeira

Santiago, 07 de Febreiro de 2020

Escenas do cambio -o Festival de inverno de teatro, danza e arte en acción da Xunta de Galicia na Cidade da Cultura- despide esta fin de semana a súa segunda edición cun cheo absoluto na peza de hoxe do dramaturgo catalán Roger Bernat Please, continue (Hamlet), na que se someterá a un xuízo real o personaxe de Shakespeare cun equipo xudicial en activo e no que os espectadores exercerán de xurado popular.

Santiago, 05 de Febreiro de 2020

Escenas do cambio -o Festival de inverno de teatro, danza e arte en acción da Xunta de Galicia na Cidade da Cultura- encara xa a súa segunda e derradeira semana da edición de 2020 coa representación de cinco pezas, entre as que se atopa o relato contado, cantado e bailado dunha sobrevivente do xenocidio de Ruanda e un xuízo real ao personaxe literario Hamlet para o que se contará cu

Páxinas