A Xunta de Galicia continúa a facer medrar o Bosque do Camiño na Cidade da Cultura cunha nova quenda de plantacións neste mes de outono e realizadas, como na anterior de primavera, por peregrinas e peregrinos chegados de todo o mundo.
A Cidade da Cultura acolle xa no Museo Centro Gaiás a Biblia Kennicott, obra recoñecida como unha das xoias da ilustración medieval e un dos manuscritos hebreos máis valiosos e fermosos do mundo. Creada na Coruña no século XV, a Kennicott é a testemuña máis importante da presenza xudía en Galicia na Baixa Idade Media e será exhibida en Galicia, un relato no mundo, a primeira exposición internacional do Xacobeo 21, organizada pola Xunta.
A Xunta de Galicia está a celebrar na Cidade da Cultura hoxe e mañá un encontro internacional con expertos chegados de todo o mundo para repensar —en xornadas teóricas e prácticas— como acadar arquitecturas saudables para a infancia en espazos públicos como as escolas, as súas contornas, os parques de lecer e mesmo as propias cidades. Este importante reto é o obxectivo do V Playgrounds.
O Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura de Galicia reforza con tecnoloxía complementaria os seus sistemas de seguridade ante o valor dalgunhas obras de Galicia, un relato no mundo, a primeira exposición internacional do Xacobeo 21 organizada pola Xunta de Galicia. A mostra, que se inaugura o vindeiro 14 de novembro, exhibirá pezas consideradas xoias do patrimonio universal, como o Mapa de Sawley, a Biblia Kennicott, os códices calixtinos do Vaticano e de Salamanca ou o Cancioneiro da Vaticana.
A Xunta de Galicia explorará na Cidade da Cultura con arquitectos internacionais como acadar arquitecturas saudables para a infancia en espazos públicos como as escolas, as súas contornas e mesmo nas cidades. Será este venres e sábado no V Playgrounds.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 118
- 119
- 120
- 121
- 122
- 123
- 124
- 125
- 126
- …
- seguinte ›
- última »




