Sala de prensa

 
Santiago, 22 de Abril de 2020

A Xunta de Galicia, dentro da súa campaña de lecer e formación #aculturasegue, pon en marcha polas redes sociais e páxina web da Cidade da Cultura o curso Clic Xanela, unha actividade en liña con técnicas para mellorar a calidade das fotografías que se sacan desde o móbil.

Santiago, 13 de Abril de 2020

A Consellería de Cultura e Turismo lanza unha visita virtual a Galicia, un relato no mundo para achegar os seus contidos a todas as persoas que, debido ao peche do Museo Centro Gaiás, quedaron sen posibilidade de descubrir a exposición de maior éxito da Cidade da Cultura.

A mostra, que estaba previsto manter aberta ata o 12 de abril, non recibe visitas desde o 13 de marzo, día no que a Xunta de Galicia declarou a emerxencia sanitaria, que supuxo o peche dos museos e outras instalacións como medida de precaución fronte o avance da pandemia.

Santiago, 30 de Marzo de 2020

A Xunta de Galicia pon en marcha esta semana na Cidade da Cultura o programa Aventuras no monte das artes, unha actividade en liña que achegará ás familias contidos para que a cativada explore as súas habilidades artísticas a través de xogos e divertidos desafíos.

Santiago, 12 de Marzo de 2020

Co fin de garantir a saúde dos visitantes, usuarios e traballadores e seguindo as indicacións  das autoridades sanitarias en relación co Covid-19, a Fundación Cidade da Cultura de Galicia informa:

Santiago, 09 de Marzo de 2020

A Fundación Cidade da Cultura botou a andar esta tarde na Biblioteca e Arquivo de Galicia o segundo Obradoiro de Novela Cidade da Cultura coa primeira clase a cargo do director do mesmo, o xornalista e escritor Javier Peña. Unha primeira quenda á que lle seguirán -todos os venres ata o 22 de maio- as clases teóricas de sete autores de éxito e de dous profesionais do mundo editorial co obxecto de brindarlles a súa experiencia, á vez que lles sirva de ponte cara ao profesionalismo para aqueles cun desempeño sobresaínte.

Páxinas