Clásicas desfeitas | Vídeos das obras

Clásicas desfeitas son tres pezas multidisciplinares, desenvolvidas no marco do Programa Residencias artísticas do Gaiás (REGA2021Estas estadías creativas leváronse a cabo nos meses de febreiro e marzo no complexo do Gaiás, grazás á coprodución do Centro Dramático Galego (CDG) coa Cidade da Cultura de Galicia

Estas residencias artísticas tiñan como reto a adaptación anovadora e sorprendente de nove textos clásicos por parte de tres compañías e colectivos artísticos, desde as disciplinas da escena, da música e da danza. Deste xeito, na súa representación aberta ao público no mes de marzo, puídose redescubrir un Frankenstein, unha Medea o mesmo ao Mito de Sísifo a través de novas linguaxes e con resultados sorprendentes.

Debido a que a súa representación tivo que facerse limitada en número de asistentes, pola situación da pandemia nese intre, agora ofrecémosvos a posibilidade de poder gozalas a través das gravacións que se fixeron das pezas. A primeira emisión será Clásicas desfeitas Volume I, o 1 de maio: seguiralle Clásicas desfeitas Volume II, o 8 de maio; e pechará Clásicas desfeitas Volume III, que se emitirá o 15 de maio. Pódense ver en aberto na canle de Youtube da Cidade da Cultura ata o día 30. 

Volume I 

    Prometeo | Fausto | Frankenstein
    Compañía: Colectico Nononon.
    Artistas: José Faro, Xacobo Castro, Lucía Estévez,
    Laura Iturralde e Montse Piñeiro
    Galería de fotos do día da representación

    Vídeo completo da peza | Emisión 1 de maio

 

 

 

 

 

 

Volume II

    Phármakon [Antígona, Medea, As Bacantes]
    Composición e dirección: Pablo Seoane
    Músicos: María José Pámpano (viola), Benxamín Otero
    (corno inglés e óboe)
    Intérpretes: Raquel Hernández e Artús Rei
    Escenografía e iluminación: Laura Iturralde
    Vestiario: Marte Martinka
    Galería de fotos do día representación

 

    Vídeo completo da peza | Emisión 8 de maio

 

 

 

 

Volume III 

     Orlando | A consagración da primavera | O mito de Sísifo
     Artistas: Cristina Balboa, Sabela Domínguez, Verónica
     Moar, Julia Laport, Manuel Lago, Jas Processor,
     Andrea Quintana e Paula Quintas
     Inspirado nos textos e dramaturxia de: Gena Baamonde,
     Rut Balbís e Manuel Lago
     Iluminación: Afonso Castro
     Galería de fotos do día da representación

     Vídeo completo da peza | Emisión 15 de maio

 


 
 
De balde
Punto de encontro: Museo Centro Gaiás
29 Nov 2023 - 28 Abr 2024
De martes a domingo | De 10 a 20h
30 nov 2023 a 28 Abr 2024
Martes ás 17.00 horas
5 Dec 2023 - 19 Mai 2024
25 — 29 Ago 2024
PRAZO DE INSCRICIÓN ABERTO ATA 24 MAI
22 Mar — 4 Ago 2024
De martes a domingo | De 10 a 20 h
22 Mar — 4 Ago 2023
Museo Centro Gaiás | Andar 2
12 Set 2023 - 21 Xuñ 2024
10.30 h | 11.30 h | 12.30 h | 13.30 h
6 Abril 2024
Ás 11.30 horas e ás 16.30 horas
3 - 5 Mai 2024
Ata 19 Mar 2024
Convocatoria pechada
Xul 2024 — Xan 2025
De martes a domingo | De 10 a 20 h