Visita arquitectónica á Cidade da Cultura

Unha descuberta diferente do Gaiás para abraiarse cunha breve panorámica da súa arquitectura, coñecer as liñas mestras do proxecto, así como os principais usos e fitos do complexo e as claves do seu funcionamento. Visitaremos o espazo multiusos no andar -1 do Museo Centro Gaiás e tamén a espectacular galería de servizos subterránea, que comunica o subsolo de todos os edificios.

Non faltará neste percorrido un petisco dos espazos exteriores, que nos levará desde o Xardín do Teatro, con especies botánicas procedentes de diferentes partes do mundo, á monumental praza central vista desde a porta do Museo Centro Gaiás.

 

 

Medidas de seguridade sanitaria covid-19

  • Obriga de vir con máscara de protección por parte das persoas asistentes.
  • Haberá xel hidroalcólico na entrada do recinto.
  • Manterase a distancia de seguridade.
  • Deberán seguirse en todo momento as indicacións do persoal guía da visita.

 

 
Visitar
 
Verán 2021
De martes a domingo
Verán 2021
Martes e venres | 11h
Verán 2021
Xoves e domingos ás 11h