Grazas aos catálogos as exposicións do Museo Centro Gaiás non esmorecen nunca. Cando se clausuran, continúan vivas nestas publicacións en formato papel para volver a descubrilas doutro xeito e devagar a través das achegas que recollen os textos das e dos comisarios e expertos. E tamén cun novo e enquirecedor relato visual que lle aportan os traballos dos e das profesionais que hai sempre detrás do seu deseño.
Se queredes facervos con estas pequenas xoias en papel, o Museo Centro Gaiás ten á venda neste intre 28 catálogos na Libraría Institucional da Xunta de Galicia:
- Detrás do espello
- Camiños creativos
- Foi un home. Laxeiro en América: Buenos Aires, 1950-1970
- Cidades no tempo: Santiago de Compostela
- Cidades no tempo: Ferrol
- Cidades no tempo: Lugo
- A Vía da Prata. Aires do Sur
- O Camiño Portugués: Lembranzas de mar e pedra
- Castillo. Escultor
- Galicia Futura: Todo o que imos ser
- Os brancos segredos do seu ventre
- Galicia un relato no mundo
- Mural de Luis Seoane para Fábrica de Magdalena
- As miradas de Isaac
- Galicia, de Nós a nós
- Pensar coas mans
- Valor e mestría. Galicia como fútbol
- Castelao maxistral
- Galicia universal. A arte galega nas coleccións ABANCA e Afundación
- Baldomero Pestana, a verdade entre as mans
- Lamazares. Flor Novoneyra
- Da árbore á cadeira
- Rostros do país de Xurxo Lobato
- Camiño. A orixe
- CineGalicia 25
- Auga Doce
- Orinoco. Viaxe a un mundo perdido
- Exlibris Gallaecia
Recoñecementos
Este coidado traballo que hai detrás da edición dos catálogos das exposicions do Museo Centro Gaiás ten o seu merecido recoñecemento. Precisamente, un dos nosos catálogos, o da exposixión sobre artesanía galega, «Pensar coas mans», foi nomeado como finalista na categoría de ‘Mellor Libro do Ano’ nos Paraugas-Premios da Comunicación e do Marketing Galego. Un recoñecemento a este deseño do estudio de Desescribir, que se suma a súa inclusión nos Premios LAUS 2020 da Asociación de Deseñadores Gráficos e Directores de Arte (ADG-FAD).
Para as exposicións do Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura de Galicia sempre se procura contar con deseñadores/as e estudios de prestixio, como é o caso de cenlitrosmetrocadrado para o «Da árbore á cadeira»; Pepe Barro para «Con-Fío en Galicia»; Uqui Cebra para «Gallaecia Petra»; NUMAX para a mostra de «José Suárez. Un ollos vivos que pensan»; Desoños para «Galicia Universal»; ou Roi Fernández para «CineGalicia 25».
Todos eles son unha importante peza máis da mostra que lle dá valor engadido, tanto polas achegas das e dos comisarios e expertos, como polo coidadoso e profesional traballo que hai detrás de cada unha destas edicións e que converten estas publicacións en pequenas xoias de papel.
