Catálogos á venda | As novas vidas en papel das exposicións do Museo Centro Gaiás

Grazas aos catálogos as exposicións do Museo Centro Gaiás non esmorecen nunca. Cando se clausuran, continúan vivas nestas publicacións en formato papel para volver a descubrilas doutro xeito e devagar a través das achegas que recollen os textos das e dos comisarios e expertos. E tamén cun novo e enquirecedor relato visual que lle aportan os traballos dos e das profesionais que hai sempre detrás do seu deseño

Se queredes facervos con estas pequenas xoias en papel, o Museo Centro Gaiás ten á venda neste intre 17 catálogos na Libraría Institucional da Xunta de Galicia:

 

Recoñecementos

Este coidado traballo que hai detrás da edición dos catálogos das exposicions do Museo Centro Gaiás ten o seu merecido recoñecemento. Precisamente, un dos nosos catálogos, o da exposixión sobre artesanía galega, «Pensar coas mans», foi nomeado como finalista na categoría de ‘Mellor Libro do Ano’ nos Paraugas-Premios da Comunicación e do Marketing Galego e cuxos galardóns daranse a coñecer esta noite nunha gala en liña. Un recoñecemento a este deseño do estudio de Desescribir, que se suma a súa inclusión nos Premios LAUS 2020 da Asociación de Deseñadores Gráficos e Directores de Arte (ADG-FAD).

Para as exposicións do Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura de Galicia sempre se procura contar con deseñadores/as e estudios de prestixio, como é o caso de cenlitrosmetrocadrado para o «Da árbore á cadeira»; Pepe Barro para «Con-Fío en Galicia»; Uqui Cebra para  «Gallaecia Petra»; NUMAX para a mostra de «José Suárez. Un ollos vivos que pensan»; Desoños para «Galicia Universal»; ou Roi Fernández para «CineGalicia 25».

Todos eles son unha importante peza máis da mostra que lle dá valor engadido, tanto polas achegas das e dos comisarios e expertos, como polo coidadoso e profesional traballo que hai detrás de cada unha destas edicións e que converten estas publicacións en pequenas xoias de papel.

 
Exposicións
 
18 Mar - 5 Set 2021
Aberta de martes a domingo | De 10 a 20 horas
23 Mar - 8 Ago 2021
Aberta de luns a domingo | De 10 a 20 horas
27 Mar - 15 Ago 2021
De martes a domingo, de 10 a 20 horas
14 Mai - 27 Ago 2021
Aberta de 9 a 21 horas
29 Xuñ -28 Ago 2021
14 Xul 2021 - 9 Xan 2022
De martes a domingo | De 10 a 20 h