Sala de prensa

 
Santiago, 29 de Novembro de 2017

A Cidade da Cultura de Galicia volverá celebrar a fin de semana do 20 e 21 de xaneiro de 2018 o festival infantil de curtas PequeFilmes, tras o éxito da anterior edición na que participaron 1.500 rapaces e rapazas.

Santiago, 28 de Novembro de 2017

A Cidade da Cultura de Galicia acolleu hoxe a presentación de 21 proxectos emprendedores en formato ‘Demoday’, un tipo de presentación na que cada participante dispón dun tempo moi breve, neste caso 7 minutos, para dar a coñecer a súa iniciativa.

Santiago, 25 de Novembro de 2017

A Cidade da Cultura de Galicia acolle esta fin de semana, a III Maker Faire Galicia,  un escaparate para a creatividade e o enxeño pensado para todos os públicos e disciplinas, onde a educación ten un peso relevante entre os 50 proxectos dos 200 ‘makers’ que participan este ano, unha cifra superior á media das anteriores edicións.

Santiago, 23 de Novembro de 2017

O Festival de Inverno de Teatro, Danza e Arte en Acción Escenas do Cambio regresará de novo en febreiro de 2018 –entre os días 1 e 10– con 13 espectáculos de compañías procedentes de cinco países (España, Portugal, Marrocos, Siria, Francia e Italia), nunha cuarta edición na que o teatro galego continuará a ter unha presenza destacada con Estela Lloves, Félix Fernández, IlMaquinario e, de novo, Voadora, que presentará neste certame a estrea en España de ‘Garage’.

Santiago, 17 de Novembro de 2017

A Cidade da Cultura de Galicia convida de novo á cidadanía a participar dunha forma simbólica na segunda fase do Bosque de Galicia, plantando unha árbore no Gaiás a través do programa Ponnos verde!, que pon en marcha A Fundación Cidade da Cultura, co apoio da Fundación USC Deportiva e o patrocinio de Viaqua.

Páxinas