Sala de prensa

 
Santiago, 23 de Abril de 2019

O director xeral de Políticas Culturais, Anxo M. Lorenzo, asistiu esta mañá á apertura da exposición Descubrindo obras singulares da Biblioteca de Galicia, na Biblioteca e Arquivo de Galicia, situada na Cidade da Cultura con motivo da celebración do Día do Libro.

Santiago, 23 de Abril de 2019

A Cidade da Cultura celebra este venres, 26 de abril, un concerto do cantautor brasileiro Gustavo Almeida na Biblioteca e Arquivo de Galicia, dentro do programa de actividades da Dirección Xeral de Políticas Culturais para conmemorar o Día do Libro, que se festexa hoxe mesmo

Santiago, 17 de Abril de 2019
Xardín do Teatro (Foto: Manuel G. Vicente)

A Cidade da Cultura abrirá ao público este xoves 18 de abril o Xardín do Teatro, o espazo verde co que culmina a transformación do baleiro deixado polo Teatro da Música, un dos dous edificios do Gaiás que non se chegou a rematar. Este novo xardín, de 11.574 metros cadrados, conta con especies botánicas procedentes de diferentes partes do mundo, un auditorio ao aire libre, estanques, instalacións para practicar deportes urbanos e áreas de lecer para gozar da natureza.

Santiago, 16 de Abril de 2019

A Cidade da Cultura convida as familias a gozar dunha das citas clásicas do Gaiás: a Cidade Imaxinaria. Esta xornada lúdica e familiar que enche de fantasía o recinto volve celebrarse este ano por partida dobre. Por unha banda o 27 de abril para festexar a chegada da primavera e conmemorar o Día Internacional do Circo –que ten lugar uns días antes–; e por outra en agosto, como todos os veráns desde hai xa nove edicións.

Santiago, 15 de Abril de 2019

Logo de que o Consello da Xunta aprobara o pasado xoves o acordo co Consello Superior de Investigación Científicas (CSIC) para trasladar o Instituto de Ciencias do Patrimonio (Incipit), o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, afirmou hoxe, durante o acto de sinatura, que esta nova incorporación ao Edificio Fontán contribuirá a seguir facendo do Gaiás un polo de cultura, coñecemento e investigación.

Páxinas