A Fundación Cidade da Cultura vén de convocar o concurso para adxudicar a explotación do servizo de restauración do complexo do Gaiás, que suma aos espazos actualmente en funcionamento (A Cantina do Gaiás e a cafetería O Roupeiro –no edificio CINC-) un novo restaurante-cafetería no Museo e unha terraza no Bosque de Galicia.
A Cidade da Cultura de Galicia celebrou a tarde de hoxe unha homenaxe a clubs de fútbol galegos pioneiros, dentro do programa de actividades co que se arroupa a exposición Valor e mestría. Galicia como fútbol, que acolle o Museo Centro Gaiás ata o 1 de setembro deste ano.
A Cidade da Cultura de Galicia festexará o Día Internacional da Música, que se celebra o 21 de xuño, cun concerto da mítica banda galega Os Resentidos, na Praza Central do Gaiás, nunha actuación de entrada libre e de balde.
Este sábado o Museo Centro Gaiás volve ser un fervedoiro de actividade con motivo dos festexos do Día Internacional dos Museos (DIM19). A Cidade da Cultura está a desenvolver durante toda a xornada un amplo programa, enteiramente de balde, que inclúe edicións especiais das visitas comentadas ás exposicións, obradoiros e demostracións de artesanía que conxugan tradición e creación contemporánea e unha sesión vermú con piano-bar e ambientación anos 30.
A Cidade da Cultura de Galicia está este 17 de maio a celebrar o Día das Letras Galegas cunha lectura participativa e polas redes sociais de obras do homenaxeado neste 2019, Antonio Fraguas (Cerdedo, 1905 –Santiago de Compostela, 1999).
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 133
- 134
- 135
- 136
- 137
- 138
- 139
- 140
- 141
- …
- seguinte ›
- última »




