Xuventude Crea, máis dunha década

A Consellería de Política Social, a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, dirixe e coordina Xuventude Crea, máis dunha década. Unha mirada ao pasado, unha mirada ao futuro. Trátase dun proxecto expositivo retrospectivo con motivo da celebración de máis dunha década da existencia do certame Xuventude Crea. 

A mostra, que ten carácter itinerante, chega á Cidade da Cultura tras a súa estancia en varias cidades galegas e permanecerá no Gaiás durante os meses de decembro e xaneiro, para continuar despois o seu percorrido por diferentes puntos de Galicia.

A exposición reúne unha selección de 29 pezas dos creadores e creadoras que presentaron os seus proxectos ao abeiro de Xuventude Crea, durante os máis de dez anos de vida do certame. A escolma de proxectos que conforman esta exposición abrangue diversas disciplinas, 6 das 14 especialidades que forman parte do programa:

  • Moda
  • Graffiti 
  • Banda deseñada 
  • Artes plásticas (pintura e escultura) 
  • Fotografía 
  • Deseño de xoias 

Trátase así dunha mostra multidisciplinar e multixeracional que crea unha liña do tempo a través das obras do artistas que pasaron polo programa en 12 anos.

Xuventude Crea é un programa dirixido a mozos e mozas de entre 16 e 30 anos que a Consellería de Política Social convoca cada ano, dende o 2010, co obxectivo de fomentar a creatividade entre a mocidade galega, facendo un seguimento da súa obra e poñéndoa en valor mediante a difusión e a promoción. Así, dende a Xunta de Galicia recoñécese a capacidade de innovación e creación da xuventude dándolle visibilidade aos seus proxectos cun certame que se divide en 14 categorías diferentes

 
Exposicións
 
29 Nov 2023 - 28 Abr 2024
De martes a domingo | De 10 a 20h
5 Dec 2023 - 19 Mai 2024
22 Mar — 4 Ago 2024
De martes a domingo | De 10 a 20 h
Xul 2024 — Xan 2025
De martes a domingo | De 10 a 20 h