ReB/Veladas na paisaxe 2018

As intervencións artísticas na natureza marcan unha tendencia clave na arte contemporánea desde mediados do século XX ata a actualidade: a obra de arte máis aló do marco espacial do museo. Neste eido da relación da arte co territorio, a Cidade da Cultura de Galicia quere darlle maior visibilidade á acción das mulleres creadoras e pon en marcha o ciclo Reb/veladas na paisaxe, que nace coa pegada de perspectiva de xénero, ampla e rachando co excluínte, como sinal de identidade.

Esta cerna virá representada, neste primeira edición, pola participación en Reb/veladas na paisaxe de tres comisarias galegas: Chus Martínez Domínguez, Ánxela Caramés e Antía Cea García, que tiveron plena liberdade para escoller as/os artistas coa que bota a andar o ciclo: 


NOVA RUTA AO GAIÁS
As tres intervencións na paisaxe do Gaiás teñen en común que propoñen unha conexión directa cos visitantes a través do percorrido. As rutas peonís do Bosque de Galicia e o Parque do Lago conducirán os camiñante ás intervencións artísticas formulándolle un convite ao descubrimento e á experimentación.

Deste xeito, establécese así unha nova ruta ao Gaiás, atractiva e cargada de significados culturais e as tres propostas tamén asumen unha nova liña argumental vencelladas ao establecemento dun novo camiño/itinerario que relaciona o marco natural, as dúas cidades e as rutas de peregrinación. O Monte Gaiás é unha atalaia estratéxica entre o Camiño Francés e a Vía da Prata, conectada en breve coa principal vía de comunicación galega norte-sur, a autoestrada do Atlántico.

Reb/veladas na paisaxe tamén contribúe a potenciar os espazos verdes existentes no Gaiás, engadindo un novo valor natural e de lecer para a cidade compostelá e toda a poboación que acolle. 

 
Exposicións
 
18 Mar - 5 Set 2021
Aberta de martes a domingo | De 10 a 20 horas
23 marz - 8 ago 2021
Aberta de luns a domingo | De 10 a 20 horas
27 Mar - 15 Ago 2021
De martes a domingo, de 10 a 20 horas
30 Abr - 27 Xuñ 2021
De 10 a 20 horas
14 mai - 30 ago 2021
Aberta de 9 a 21 horas
20 Mai - 11 Xul 2021
De martes a domingo
Do 9 Xuñ ao 20 Out 2021
De 9 a 21 horas
29 Xuñ -29 Ago 2021
14 Xul 2021 - 9 Xan 2022
De luns a domingo | De 10 a 20 h