Programa de formación e asesoramento para empresas e profesionais culturais

A Xunta de Galicia, en colaboración coa Cámara de Comercio de Santiago de Compostela, pon en marcha un Programa de formación e asesoramento dirixido a empresas e profesionais culturais destinado a apoiar e mellorar a competitividade do sector nun momento especialmente delicado pola crise da covid-19.

No marco do programa, desenvolveranse unha serie de accións formativas centradas en ámbitos como emprego de novas tecnoloxías, internacionalización, capital risco ou xestión empresarial, e tamén en novas áreas de negocio, como a industria dos videoxogos. Con atención en liña e presencial na Cidade da Cultura os xoves e os venres, o servizo resolve dúbidas de carácter laboral, fiscal e mercantil relacionadas coas medidas postas en marcha para paliar as consecuencias económicas da covid-19 e asesora tamén sobre temas como fontes de financiamento, plan de negocio, business angels, apertura de novos mercados, ou internacionalización.

Programa de formación

Xornada sobre o programa TicCámaras: Axudas TIC para adaptarse á nova realidade das empresas culturais

23 de marzo | 16 h | En liña | De balde

Infórmate sobre o programa TicCámaras e aproveita a oportunidade para implantar solucións e ferramentas que melloren a competitividade do teu negocio a través da incorporación de novas tecnoloxías.

 

Presentación de plan de internacionalización: FOEXGA 2021-22

16 de abril | 10 h | En liña | De balde

Afonda e opta á nova convocatoria do Foexga, que promove a participación das empresas en accións de internacionalización como misións comerciais directas, feiras internacionais ou eventos promocionais durante 2021 e 2022, tanto en formato presencial como dixital.

 

Programa Videoxogos e emprendemento 

19 de abril - 4 de xuño | En liña | De balde

Programa formativo de sete semanas que abrangue as principais disciplinas vinculadas coa creatividade dentro do mundo do videoxogo. Destinado a persoas menores de 30 anos, inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, ben sexan emprendedoras ou profesionais que desexen iniciarse no desenvolvemento de videoxogos, como interesadas en ampliar e consolidar os seus coñecementos no campo da creatividade dixital.

 

Programa de Transformación dixital, xestión empresarial e emprendemento nas empresas culturais e creativas 

10 de maio - 25 de xuño | En liña | De balde

Programa formativo de sete semanas destinado a persoas menores de 30 anos, inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, que conten cunha idea de negocio no eido das industrias culturais e creativas e procuren apoio para a posta en marcha dun proxecto de empresa.

 

Programas europeos de apoio ao sector cultural

25 de maio | 16.30 h | En liña | De balde

Introdución aos distintos programas que a nivel europeo ofrecen oportunidades para os profesionais das industrias culturais e creativas: mobilidade, redes, alianzas estratéxicas. Tamén se compartirán casos de boas prácticas en Galicia que exemplifiquen os temas tratados.

 

Vantaxes de financiar o teu proxecto empresarial a través do leasing, renting e auto-renting

30 de xuño | 10.00 h | En liña | De balde

Coñeceremos estas opcións de financiamento con dous expertos do Sabadell Gallego: Jorge Alonso Espinosa, especialista en financiamento a longo e medio prazo, e Xavier Torrebadella Mayor, xestor de produto de BS Renting. Ao finalizar as súas intervencións abrirase unha quenda de preguntas.

Inscrición aberta premendo AQUÍ

 

As distintas sesións ou programas formativos desenvolveranse ben en liña, en formato webinario.

Servizo de asesoramento

As empresas e profesionais culturais poden acudir ao servizo para asesorarse sobre as seguintes cuestións:

  • Procura de financiamento: Información para o acceso ás liñas de financiamento mais adecuadas ás características do seu proxecto empresarial e ás necesidades que se pretendan cubrir: axudas, subvencións, préstamos ICO, Igape e demais instrumentos financeiros articulados desde o Goberno, outros organismos e administracións, desde entidades financeiras ou Business Angels.
  • Plan de negocio e apetura de novos mercados. Información sobre ferramentas axeitadas para a reformulación de liñas de traballo  e posibilidades de desenvolvemento da empresa. Titorización no proceso de reorientar e desenvolver o plan económico-financeiro.
  • Internacionalización: posibilidades de internacionalizarse e asesoría na elaboración dun Plan de acción a curto prazo con accións e unha análise dos distintos programas e axudas de apoio á internacionalización. Tamén se resolverán de xeito rápido consultas puntuais sobre operacións de comercio exterior nas que a empresa teña dúbidas ou falta de información (como aranceis, documentos aduaneiros, fiscalidade, transporte internacional, misións comerciais...).
  • Medidas covid-19: Consultoría sobre cuestións laborais, fiscais e mercantís no contexto da covid-19. Resolución nun prazo de 24 horas das consultas formuladas sobre cuestións como ERTEs, prestación por cese de actividade, plan de desescalada, moratorias nas cotizacións á Seguridade Social, aprazamentos de impostos etc.

Esta colaboración dá continuidade e amplía a oferta do servizo de asesoramento a empresas e profesionais culturais posto en marcha en 2020 no marco do Plan de reactivación dos sectores cultural e turístico fronte aos efectos derivados da covid-19. 

 
 
14 Xul 2021 - 9 Xan 2022
De martes a domingo | De 10 a 20 h
15 Xul - 9 Xan 2022
Mércores, venres, sábados e domingos | 17.00 h
26 Ago 2021 - 9 Xan 2022
De luns a domingo | De 10 a 20 h
21 Set 2021 - 21 Dec 2021
10.00 h| 12.30 h
Outono 2021
Sábados, domingos e festivos | 11h
Outono 2021
De martes a domingo
A partir do 29 Set 2021
De luns a domingo | de 9h a 21h
6 Out 2021 - 9 Xan 2022
De luns a domingo | De 10 a 20 h
21 Out 2021 - 20 Feb 2022
De martes a domingo | De 10 a 20 h
26 Out 2021 - 20 Feb 2022
Martes e xoves | 17.00 horas