III Carreira de Orientación Solidaria polo Ictus

O grupo de investigación Ictus Traslacional TREAT, do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (IDIS), en colaboración co Club Aromon de Pontevedra e Dano Cerebral Galicia organiza o 27 de setembro a III Carreira de Orientación Solidaria polo Ictus. A proba deportiva, que se celebrará na Cidade da Cultura, é totalmente aberta a persoas con ou sen experiencia de calquera idade (nenas e nenos incluídos).

A inscrición é gratuíta e pode realizarse cubrindo o formulario dispoñible en liña: https://forms.cloud.microsoft/e/sGwX9wgjNt (data límite 15 de setembro ás 23:59 h ou ata esgotar as 300 prazas dispoñibles). A saída da proba será o 27 de setembro ás 10:30 h. 

A inscrición inclúe unha camiseta conmemorativa do evento e haberá premios para os tres primeiros clasificados das tres categorías, ademais dun sorteo entre todas as persoas participantes que inclúe lotes de produtos locais, comida/cea en restaurantes, packs de cosmética, etc.

Máis información na web da Federación Galega de Orientación (FEGADO).

 

 
 
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
A partir do 31 Xul 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
A partir do 31 Xul 2026
De 10 h a 20 h
Set - Nov 2026
Convocatoria pechada
09 Set 2026 — 22 Xuñ 2027
11 Set 2026 - 1 Feb 2027
Convocatoria aberta
Do 17 set 2026 ao 9 xan 2027