E se a lingua tamén servise para facer malabares? Peter Punk chega á Biblioteca de Galicia cun espectáculo no que o galego se xoga, se retorce e se lanza polo aire con motivo do Día Europeo das Linguas.
Entre xogos de palabras e habilidades circenses, o pallaso máis irreverente da escena galega reivindica o pracer de falar, xogar e rir na nosa lingua. Cun espectáculo que xorde da colaboración do artista filólogo Brais Gutiérrez, Peter Punk constrúe unha proposta na que a comedia se converte nunha forma de achegar a lingua ao público miúdo.
