Colección Cartográfica 'Vilardevós' de Rodolfo Núñez de las Cuevas

A incorporación da biblioteca e colección cartográfica de Rodolfo Núñez de las Cuevas á Biblioteca de Galicia supuxo a incorporación dun inestimable fondo de variada especialización, ligada en termos xerais á cartografía, topografía e ciencias afíns.

A biblioteca era o resultado da súa longa carreira profesional como enxeñeiro xeógrafo e como docente, ámbitos nos que chegou a acadar os rangos máis elevados. Foi catedrático de Representación Cartográfica na Universidade Politécnica de Madrid e director xeral do Instituto Xeográfico Nacional, entidade na que ocupou diversas prazas dende o seu ingreso no ano 1957. Foi vicepresidente da Asociación Cartográfica Internacional e presidente do Comité de Expertos en Cartografía, Estatística e Terminoloxía do Consello de Europa.

A biblioteca comezou a formarse en 1953 e, a grandes trazos, consta dunhas 3.062 monografías e folletos, unhas 206 coleccións de publicacións seriadas, uns 90 atlas e máis de 700 mapas.

Esta exposición recolle unha pequena mostra de tan interesante e importante fondo; está centrada de forma especial na colección cartográfica. Pretende recoller exemplos variados e representativos de distintas épocas, ámbitos, contornos históricos, tipos de cartografía e técnicas utilizadas para a súa elaboración, co fin de dar una visión xeral e, ao mesmo tempo, instrutiva, tanto da colección en por si coma do mundo da cartografía.

 
Exposicións
 
29 Nov 2023 - 28 Abr 2024
De martes a domingo | De 10 a 20h
5 Dec 2023 - 19 Mai 2024
22 Mar — 4 Ago 2024
De martes a domingo | De 10 a 20 h
Xul 2024 — Xan 2025
De martes a domingo | De 10 a 20 h