Autógrafos. As escrituras dos artistas

18 artistas e 21 autógrafos: eses son os protagonistas da mostra que achega na Biblioteca de Galicia aos visitantes os pintores galegos dun xeito diferente. En 24 paneis, os asistentes poderán descubrir a obra e a bibliografía vinculada aos pintores protagonistas.

A colección ABANCA, o fondo bibliográfico e documental actualmente depositado na Biblioteca de Galicia, conta entre os seus fondos cunha ampla colección de autógrafos (textos escritos a man polo propio autor) de diversos personaxes, na súa gran maioría galegos.

Desa colección de documentos xorde a nova exposición da Biblioteca de Galicia, unha selección dos autógrafos correspondentes a artistas que dialoga coa exposición Galicia universal. A arte galega nas coleccións ABANCA e Afundación do Museo Centro Gaiás.

 
Exposicións
 
29 Nov 2023 - 28 Abr 2024
De martes a domingo | De 10 a 20h
5 Dec 2023 - 19 Mai 2024
22 Mar — 4 Ago 2024
De martes a domingo | De 10 a 20 h
Xul 2024 — Xan 2025
De martes a domingo | De 10 a 20 h