Artes escénicas

A sección de artes escénicas do festival Artes pola Integración ofrece proxectos escénicos que fomentan a creatividade, o gozo das artes e a participación da sociedade nunha actividade caracterizada polo progreso e enriquecemento cultural e persoal para todos os grupos e persoas que integramos a sociedade.

A Cidade da Cultura será escenario, xunto a San Martiño Pinario e o Salón Teatro, de varias destas experiencias:

  • Encontro de arte e diversidade: o Gaiás reunirá nun mesmo espazo fragmentos de diferentes creacións realizadas por grupos de danza e música de colectivos en risco de exclusión social de diferentes países e grupos que levan a cabo proxectos en Santiago de Compostela.
  • O mundo nas túas mans. Espectáculo de danza, música e audiovisual para bebés e familias onde se tratará a importancia de coñecer o mundo desde a infancia e de aprender a relacionarnos ben desde que somos moi pequenos.
  • O terceiro sorriso. Proxecto que busca a unión de maiores e pequenos a través da arte nun proxecto conxunto con música en directo a cargo da Banda de Música de Chantada.
 
Consulta o programa completo de artes escénicas na área de descargas.
 
 
4 Feb — 30 Ago 2026
10.00 — 20.00 h
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
16 Set 2025 — 19 Xuñ 2026
12 Mai — 14 Xuñ 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
22 - 26 xuñ [Agás 24 xuñ] | 29 - 3 xull
De 10.00 a 15.00 h (+servizo madruga desde as 8.00h)
Mai - Xuñ 2026
Convocatoria pechada
26 — 29 Mai 2026
Portas abertas: 29 Mai | 17 h
5 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
1 — 4 Set 2026
PRAZO DE INSCRICIÓN ABERTO ATA 21 MAI