Xuventude Crea 20 | Graffiti

O Museo Centro Gaiás acolle a exposición das obras finalistas do concurso XuventudeCrea20 na categoría de Graffiti, que poden verse ata o 21 de decembro de 2020 no hall do andar 0 do museo. 

Os participantes da fase final de graffiti tiveron que realizar en directo as súas creacións, que logo foron avaliadas por un xurado profesional que valorou a orixinalidade, a dificultade de execución, o deseño, a estrutura e a calidade de cada unha das obras. Polo tanto, estas pezas, que agora se poden ver na Cidade da Cultura, son obras orixinais, inéditas e executadas nun panel mural de 4 x 2 metros.

Entre os graffitis expostos atópanse por suposto os gañadores do certame: O Raposo, de Javier Caamaño Pérez (1º premio); Estilo en continua construción, de Adrián Lomba Balea (2º premio); Entusiasmo luminoso, de Daniel Fernández Vargas (3º premio); e Escornabois, de Fernanda Rodríguez Miguélez (mención especial do xurado).

O programa Xuventude Crea, que este ano acada a súa 11ª edición, é un certame de creadores novos da Consellería de Política Social, que pretende estimular e apoiar a imaxinación, creatividade e innovación dos mozos e mozas galegos/as ou residentes en Galicia, non profesionais, e con idades comprendidas entre os 16 e os 30 anos.

A edición 2020 deste programa inclúe 14 especialidades: teatro, música, novela curta, poesía, videocreación, banda deseñada, graffiti, moda, deseño de xoias, cociña, danza moderna, creación de videoxogos, fotografía e artes plásticas (coas modalidades de pintura e escultura). Nesta edición, que acadou un récord de solicitudes con preto de 500 persoas mozas participantes, incorporáronse, como novidade, as especialidades de creación de videoxogos e novela curta.

Listaxe completa de obras finalistas

  • Alva Vidal Capón [Cora], Se o carballo falase...
  • Adrián Lomba Balea [Sedón], Estilo en continua construcción
  • Javier Caamaño Pérez [Siro], O Raposo
  • Daniel Fernández Vargas [Seek], Entusiasmo luminoso
  • Fernanda Rodríguez Miguélez [Fercho], Escornabois
  • Sergio Leirós Pérez [Achanted], Técnica do graffiti
  • Ismael Pérez Fernández [Isma], Macaco
  • Julia Amigo López Abente [Pincho], Valeria
  • Marcos Fernández Cea [Maz], A trifulca das ideas
  • Daniel Abreu Fernández [Joymaboy], Level 20
 
Exposicións
 
1 Abr - 7 Ago 2022
De luns a domingo | De 10 a 20 h
8 Abr - 28 Ago 2022
De martes a domingo | De 10 a 20 h
5 Mai - 28 Ago 2022
De luns a domingo | De 10 a 20 h
20 Mai - 20 Xul 2022
De martes a domingo | De 11 a 14 h e de 16 a 21 h
20 Mai - 4 Set 2022
Museo do Mar de Galicia | Vigo
1 Xul - 18 Set 2022
ENTRADAS XA Á VENDA
07 Xuñ - 4 Set 2022
De martes a domingo | De 10 a 20 horas
Do 16 Xuñ ao 13 Xul
De 10.00 a 20.00 horas
17 Xuñ - 30 Xul 2022
Luns - Sábados | 12.00-14.00 e 17.00-21.00 h