Visitas comentadas | O Camiño Portugués

Mergúllate no diálogo fotográfico entre pasado e presente que propón a exposición O Camiño Portugués: lembranzas de mar e pedra reservando praza para as nosas visitas comentadas (podes comprobar dispoñibilidade na columna da dereita da páxina).

Percorre da man do equipo de guías do Museo Gaiás as realidades e paisaxes que conforman o itinerario do Camiño Portugués de Porto a Santiago de Compostela. A vida nas prazas das aldeas, a natureza, o mar e a terra, os monumentos e as escenas cotiás que foron inmortalizadas en séculos pasados volven ser motivo de inspiración baixo unha nova ollada  nun proxecto que nos brinda a oportunidade de reflexionar sobre o que permanece inmutable e o que se transforma, construíndo unha memoria colectiva do camiño accesible a todas e todos.

En 120 fotografías e a través da ollada de 42 fotógrafos e fotógrafas, a mostra aproxímase á riqueza paisaxística e monumental deste itinerario histórico para facernos novamente conscientes do seu valor patrimonial e convidarnos a redescubrilo cos ollos de quen o mira por primeira vez. Grandes figuras da arte fotográfica a ambas beiras do Miño e artistas de procedencias diversas que transitaron por este sendeiro préstannos os seus ollos e as súas impresións para que nos embebamos das imaxes e das emocións que asaltan a quen visita cada un deses lugares e as poidamos vestir como unha segunda pel. 

Seguridade covid-19

  • Xel hidroalcólico á entrada e á saída da exposición
  • Obrigatorio o uso da máscara durante toda a visita
  • Mantemento a distancia de 1,5 metros entre as/os visitantes non conviventes
 
Visitar
 
De balde
Punto de encontro: Museo Centro Gaiás
30 nov 2023 a 28 Abr 2024
Martes ás 17.00 horas
22 Mar — 4 Ago 2023
Museo Centro Gaiás | Andar 2
12 Set 2023 - 21 Xuñ 2024
10.30 h | 11.30 h | 12.30 h | 13.30 h
23 Abril 2024
De 9.00 a 21.00 horas