Santiago de Compostela no tempo | Cidades no tempo

Santiago de Compostela no tempo é a primeira exposición que se pon en marcha das sete mostras que conforman un proxecto máis amplo, Cidades no tempo, que terá como protagonistas as setes principais urbes galegas ao longo deste 2022, do 2023 e 2024. Trátase dunha das propostas principais da programación do Xacobeo 21-22 da Xunta de Galicia, que neste caso xorde da súa colaboración, a través da Fundación Cidade da Cultura, con Afundación (Obra Social ABANCA).

 É nas sedes desta entidade en cada cidade galega onde poderán visitarse as distintas mostras dedicadas a cadansúa evolución urbana, cunha estrutura compartida, pero cun carácter singular que narra a súa propia historia. O percorrido comeza en Santiago, do 3 de xuño ao 10 de setembro, co obxectivo de reivindicar a cultura urbana como compoñente clave da identidade galega en xeral e da área de influencia compostelá en particular.

A exposición explora a interacción entre o urbanismo, a sociedade e o territorio que conforma a capital de Galicia, abranguendo distintas perspectivas como son a estética, a economía, a creación artística, a educación, a memoria e os imaxinarios locais. Todo isto tendo en conta os grandes polos da cidade como son o Goberno autonómico, a Universidade ou a Catedral, punto final do lendario Camiño e un dos destinos culturais máis relevantes de Europa. Á fronte do proxecto está Manuel Gago, doutor en Ciencias da Comunicación e director de culturagalega.gal do Consello da Cultura Galega, xunto cun comité científico xeral.

Ademais, a nivel local en Santiago, o comisario está asesorado por Xosé Ramón Lema Bendaña, historiador e antigo Xefe do Negociado de Mantemento de Fondos Bibliográficos na USC, que exerce de coordinador cun equipo de traballo formado por recoñecidos expertos en diversos eidos. A través da combinación entre materiais físicos e tecnoloxías interactivas, con documentos, planos, mapas, fotografías, obras de arte e obxectos históricos e cotiáns, a exposición propón unha experiencia multimedia de descubrimento das orixes das culturas urbanas, sendo un dos proxectos expositivos de maior complexidade técnica impulsados pola Xunta de Galicia nos últimos tempos.

 
Exposicións
 
1 Abr - 7 Ago 2022
De luns a domingo | De 10 a 20 h
8 Abr - 28 Ago 2022
De martes a domingo | De 10 a 20 h
5 Mai - 28 Ago 2022
De luns a domingo | De 10 a 20 h
20 Mai - 20 Xul 2022
De martes a domingo | De 11 a 14 h e de 16 a 21 h
20 Mai - 4 Set 2022
Museo do Mar de Galicia | Vigo
1 Xul - 18 Set 2022
ENTRADAS XA Á VENDA
07 Xuñ - 4 Set 2022
De martes a domingo | De 10 a 20 horas
Do 16 Xuñ ao 13 Xul
De 10.00 a 20.00 horas
17 Xuñ - 30 Xul 2022
Luns - Sábados | 12.00-14.00 e 17.00-21.00 h