Obradoiro | Elaboración de sancosmeiros

Queres ver como se elaboran os tradicionais, fermosos e útiles sancosmeiros? E ensinarlles ás xeracións máis novas como tradicións centenarias son agora a última tendencia en moda e deseño? No espazo expositivo de Pensar coas mans, podes facelo, de balde e sen necesidade de inscrición. Incorpórate ás demostracións en vivo desta artesanía. Deste xeito, ademáis de ver de preto na mostra pezas incribles de cestería, cerámica e xoiería, tamén te atoparás con artesáns e artesás que están a traballar 'in situ' para amosar como de actual, vixente e vangardista é artesanía galega. Un plan que non entende de idades ao que se pode acudir en familia para a transmisión desta herdanza creativa ás xeracións presentes e futuras.

Animámoste a tirar proveito de visitar a mostra máis ambiciosa sobra artesanía galega sobre cestería, cerámica e xoieiría e, ademais e mergullarte nunha actividade con tanta arraigamento en Galicia como os sancosmeiros.

Un lugar destacado na artesanía galega corresponde á cestería e, especialmente, aos chapeus de palla coñecidos como sancosmeiros. Este oficio, baseado na técnica que empregaban as mulleres ao trenzarse o cabelo, permitiu que, ademais de chapeus, puidesen fabricarse cestas, bolsas e moitos máis obxectos que se atopan actualmente en museos.

Os sancosmeiros están feitos de palla limpa de trigo, mollada e ben secada que trenzándoa coidadosamente forma uns chapeus circulares de gran resistencia e impermeabilidad. Teñen unha gran demanda non só entre as campesiñas e campesiños pola súa perfecta adecuación aos labores agrícolas tanto no verán como no inverno, pero tamén teñen un actractivo pola súa versatibilidade á hora de vestir .

 
 
28 Out 2025 — 5 Abr 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
16 Set 2025 — 19 Xuñ 2026
4 Feb — 30 Ago 2026
10.00 — 20.00 h
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
27, 28 Feb e 1 Mar
Mañá e tarde
27, 28 Feb e 1 Mar
Mañá e tarde
27, 28 Feb e 1 Mar
Mañá e tarde
27, 28 Feb e 1 Mar
27, 28 Feb e 1 Mar
14 Mar 2026
De 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h