O berce do libro

A partir de mediados do século XV e nunhas poucas décadas nace, se desenvolve e chega a cumes artísticos e técnicos extraordinarios unha técnica e unha arte completamente novas. Tanto e tan rápido que se fala a miúdo do milagre ou da marabilla dos incunables. Estamos no nacemento da imprenta. Xa na época non era rara a utilización de adxectivos como divina, venerable ou sagrada para designar a nova arte, que era mesmo vista como un regalo e inspiración de Deus. Hoxe seguimos a nos abraiar con eses tesouros, esas xoias da arte e artesanía, coa distancia do tempo e da admiración por tan extraordinarios logros.

A colección de incunables de ABANCA, representa unha inesperada e grata sorpresa dentro do mundo cultural galego. Con 66 títulos, constitúese nun extraordinario fondo e converte a Biblioteca de Galicia nun referente neste apaixonante eido dos estudos bibliográficos. Variada e representativa, a colección de ABANCA ofrece unha ocasión única para coñecer un pouco máis e gozarmos desta etapa irrepetible do libro impreso. Exemplos dos principais centros impresores da época incunable do libro ofrecen unha ampla e completa panorámica deste acontecemento que rapidamente conquista boa parte de Europa. Diferentes tipografías, ilustracións, estruturas de páxinas, tratamento de iniciais, que van marcando e subliñando unha lenta evolución cara á perfección e a autonomía do libro impreso. Unha ampla mostra que nos invita a coñecer en profundidade unha expresión artística que xa no seu berce vai conseguir moitos dos seus máis altos logros.

 
Exposicións
 
De martes a domingo
21 Xuñ - 26 Nov 2023
Bosque de Galicia
21 Xuñ - 26 Nov 2023
4 Xul 2023 - 7 Xan 2024
De martes a domingo | De 10 a 20 h
11 Xul - 15 Out 2023
De martes a domingo | De 10 a 20 h
14 Xul - 5 Nov 2023
De martes a domingo | De 10 a 20 h
Ata o 7 Xan 2024
De luns a domingo | De 10 a 20 h