Mulleres sobranceiras: entre a economía doméstica e o mundo empresarial

Como cada ano polo 8 de marzo, Día internacional da Muller, o Arquivo de Galicia inaugura a exposición Mulleres sobranceiras, que nesta ocasión non se centra nunha soa figura como viña sendo habitual. Desta maneira, a mostra pretende botar unha ollada ao papel da muller na economía a través de diversas perspectivas, desde a economía doméstica á empresarial, a partir do século XVI e ata o século XX.

Ata ben entrado o século XIX as mulleres non acadarán o interese dos estudos de análise económica. Será a partir da súa incorporación ao traballo das fábricas nos países industrializados e da irrupción da loita dos movementos sufraxistas polos seus dereitos políticos e sociais cando comece un interese polo seu comportamento económico. Reflexionar sobre o papel tradicionalmente desempeñado polas mulleres na economía familiar, tanto no ámbito doméstico como no do mercado laboral, é a finalidade desta pequena mostra documental coa que o Arquivo de Galicia quere celebrar o Día Internacional da muller.

A exposición mostra 36 documentos do Arquivo de Galicia
 
Na exposición exhibiranse un total de 36 documentos, procedentes de fondos públicos e privados, custodiados todos eles no Arquivo de Galicia.
Trátase de escrituras de testamentos, de compra-venda ou de dote, libros de contas, correspondencia comercial ou familiar, chegados de arquivos familiares e empresariais, entre outros, o Fondo Vilariño Pintos, o fondo da familia Pita da Veiga, da Casa de Noceda ou o da Casa de Comercio e Banca Bengoechea. Tamén se atopan na mostra expedientes tramitados pola Administración pública para autorizar determinadas actividades. Todos eles abarcan un amplo arco cronolóxico que vai do século XVI ata o século XX.
 
A proposta pretende ser unha mirada aos documentos desde unha perspectiva de xénero que nos permita comprender o papel desenvolvido polas mulleres na economía familiar ao longo da historia, tanto no ámbito doméstico como a través da súa participación no mercado laboral.
 
Exposicións
 
27 Set - 18 Dec de 2022
De 10.00 a 20.00 horas
De martes a domingo
16 a 20 h | Sáb-Dom e festivos tamén de 11 a 14.30 h
21 Out 2022 - 17 Abr 2023
De martes a domingo | De 10 a 20 h
11 Nov 2022 — 9 Abr 2023
De martes a domingo | De 10 a 20 h
De Nov 2022 a Mai 2023
De 9.00 a 21.00 horas
18 Nov 2022 a 28 Xan 2023
De 11.00 a 20.00 horas
21 Nov 2022 a Xan 2023
De 9.00 a 21.00 horas