Homo Ludens

As topografías proxectadas por Miguel Ángel Benjumea e Román Corbato exploran a paisaxe como un territorio de lecer e oportunidade, de encontro e socialización. Con Homo Ludens, os artistas converten as Torres Hejduk nun lugar propicio para o acontecemento lúdico, revelando dinámicas relacionais e reinventando o seu interior nun espazo propiciatorio de situacións. Dúas esculturas de plástico vermello que anuncian un regreso, o do goberno do xogo. Aquel que rescata a práctica disruptiva do playground como ensaio xeral da vida do lecer e como condición de existencia da propia cultura.

Desde hai xa varios anos, a práctica artística entende que todo lugar pasou a ser concebido como unha paisaxe; sexa natural ou artificial, e neste sentido –modificando o punto de vista– Homo Ludens proxéctase como obxecto de infinitas transformacións posibles. Unha intervención ‘site specific’ que se abre cara a formas completamente novas de concibir as relacións co medio natural, a través de territorios ‘de aire’ que apelan ás marxes e confíns do lecer, transformando as torres nun espazo colectivo temporal. Unha paisaxe de plástico e aire, lúdico e artificial.  

Pasen, xoguen, gocen.

 

MIGUEL ÁNGEL BENJUMEA

Cádiz, 1982.

Doutor en Belas Artes pola Universidad Politécnica de Valencia. O seu traballo céntrase no desprazamento, o arquivo, os mapas e a representación do territorio. Impartiu cursos, relatorios e obradoiros sobre a necesidade de reescribir a xeografía a través da práctica artística. Así mesmo, foi galardoado en numerosas mostras de arte e a súa obra exhíbese por diferentes coleccións.

ROMÁN CORBATO

Xixón, 1980.

Arquitecto e Máster en Arte Contemporánea. Na actualidade realiza a súa tese doutoral na Facultade de Belas Artes de Pontevedra investigando as relacións entre paisaxe e lugar na arte contemporánea. Participou en diferentes exposicións individuais e colectivas, nacionais e internacionais. Foi premiado en diferentes concursos e realizou numerosas estancias de creación artística.

 
Exposicións
 
29 Nov 2023 - 28 Abr 2024
De martes a domingo | De 10 a 20h
5 Dec 2023 - 19 Mai 2024
22 Mar — 4 Ago 2024
De martes a domingo | De 10 a 20 h
Xul 2024 — Xan 2025
De martes a domingo | De 10 a 20 h