Foi un home. Laxeiro en América (Buenos Aires, 1950-1970)

Neste 2022, Galicia rende homenaxe ao pintor galego máis relevante do século XX, José Otero Abeledo,Laxeiro (Lalín 1908 – Vigo 1996), despois de que a RealAcademia Galega de Belas Artes decidira dedicar o Día das Artes deste ano ao xenial artista, un dos pais da vangarda pictórica galega. Con motivo do Ano Laxeiro organizouse un amplo programa no que a exposición Foi un home. Laxeiro en Ámerica (Buenos Aires, 1950-1970) figura como a proposta protagonista.

O Goberno galego, a través da Fundación Cidade da Cultura e en colaboración co Concello de Lalín, organiza esta mostra co obxectivo de difundir o legado dun dos grandes renovadores da pintura galega dentro e fóra de Galicia. Así, ademais de no Museo Ramón María Aller (Lalín) e no Museo Centro Gaiás (Santiago de Compostela), a exposición poderá visitarse na Real Academia de Bellas Artes de San Fernando (Madrid) e no Instituto Cervantes (París), co apoio neste caso da Embaixada de España en Francia.

Comisariada por Carlos L. Bernárdez, historiador e crítico de arte, Foi un home. Laxeiro en América (Buenos - Aires, 1950 -1970) reúne corenta pezas procedentes de diversas institucións como o Museo Municipal Ramón María Aller de lalín, o Museo de Pontevedra ou Afundación, centradas na época de madurez deste lalinense internacional que se instalou en Arxentina durante vinte anos, mergullándose no ambiente intelectual da capital porteña, foco da emigración e o exilio galego. Trátase dunha selección dalgunhas das obras máis importantes que conforman o Catálogo Universal de Laxeiro, proxecto dirixido pola Fundación Laxeiro que, tras dez anos de investigación, supuxo o primeiro rexistro deste tipo que se realiza dun artista galego.

A proposta complétase coa publicación dun catálogo que recolle a reprodución de todas as pezas exhibidas, con textos do comisario, Carlos L. Bernárdez; do director da Fundación Laxeiro, Javier Pérez Buján; do presidente da Real Academia Galega de Belas Artes, Manuel Quintana Martelo; do escritor Antón Castro e da directora do Museo Ramón María Aller de Lalín, Cecilia Doporto.

O Ano Laxeiro e esta exposición reivindican o lugar que lle corresponde a un artista destacado na memoria da nosa cultura.

*Fotos cedidas: Arquivo Fundación Laxeiro.

 
Exposicións
 
 
1 Abr - 7 Ago 2022
De luns a domingo | De 10 a 20 h
8 Abr - 28 Ago 2022
De martes a domingo | De 10 a 20 h
5 Mai - 28 Ago 2022
De luns a domingo | De 10 a 20 h
20 Mai - 4 Set 2022
Museo do Mar de Galicia | Vigo
20 Mai - 20 Xul 2022
De martes a domingo | De 11 a 14 h e de 16 a 21 h
07 Xuñ - 4 Set 2022
De martes a domingo | De 10 a 20 horas
1 Xul - 18 Set 2022
ENTRADAS XA Á VENDA
Do 16 Xuñ ao 13 Xul
De 10.00 a 20.00 horas
17 Xuñ - 30 Xul 2022
Luns - Sábados | 12.00-14.00 e 17.00-21.00 h