A Biblioteca e Arquivo de Galicia acolle unha exposición sobre a vida e a obra de D. Xosé Filgueira e o seu labor como editor a través da editorial Bibliófilos Gallegos.
Filgueira Valverde, a quen neste 2015 se lle dedica o Día das Letras, é autor dunha moi extensa obra, tanto científica como literaria, que reborda os 300 títulos entre libros e folletos, máis de mil artigos en xornais e revistas, e máis de 1.600 conferencias en galego e castelán.
Entre as súas obras historiográficas e de Historia da Arte, destaca a extensa serie -40 volúmenes- Pontevedreses universales, o estudo que apareceu baixo o título La Basílica de Santa María la mayor de Pontevedra (1991); ou os traballos dedicados á historia e cultura de Santiago, como As Historias de Compostela (1970). No campo da arqueoloxía, é autor en colaboración de A. García Alén, de Materiales para la carta arqueológica de la provincia de Pontevedra.
A pesar de ser un polígrafo e unha persoa de elevado talle cultural, nunca quixo unha cultura académica, senón que entendía que esta debía ser coidada e estudada para dala a coñecer, o que o converteu nun auténtico divulgador científico. Como articulista publicou numerosas colaboracións en diferentes medios, recollidas todas elas na monumental serie Adral, editada entre 1979 e 1996 en Faro de Vigo e recopilada finalmente en 9 volúmenes que conteñen os 588 artigos.
