En ningún lugar

Xerar unha memoria e unha narración alternativas para desvelar a complexidade arquitectónica e conceptual das Torres Hejduk. Con esta liña discursiva común, os artistas Juan Cañamero, Iago Eireos, Miguel Ángel Moreno Carretero, Ana Esteve Reig, Alejandro Ramírez Ariza e Pablo Martínez Muñiz comisariados por Carlos Delgado Mayordomo presentan nas Torres Hejduk  o proxecto En ningún lugar. Unha memoria alternativa das Torres Hejduk, cinco intervencións que buscan sacar á luz dimensións evocadoras que suxiran múltiples sentidos do lugar e que sirvan para iluminar diversos aspectos da complexidade conceptual do edificio.

En ningún lugar organízase desde a dualidade das propias torres. Na transparente, os artistas traballan desde a especificidade da linguaxe arquitectónica para levar a cabo un cuestionamento das relacións entre o público e o privado, o interior e exterior, o visible e o oculto. Na opaca conviven dous proxectos que cuestionan a linealidade histórica das narracións hexemónicas.

En ningún lugar. Unha memoria alternativa das Torres Hejduk resultou o proxecto gañador da I Convocatoria de Intervención nas Torres Hejduk Encontro de Artistas Novos ‘Cidade da Cultura’ realizada entre os setenta creadores emerxentes que participaron na terceira edición do Encontro, celebrada no pasado mes de setembro na Cidade da Cultura.

 
 
Exposicións
 
14 Xul 2021 - 9 Xan 2022
De martes a domingo | De 10 a 20 h
26 Ago 2021 - 9 Xan 2022
De luns a domingo | De 10 a 20 h
A partir do 29 Set 2021
De luns a domingo | de 9h a 21h
6 Out 2021 - 9 Xan 2022
De luns a domingo | De 10 a 20 h
21 Out 2021 - 20 Feb 2022
De martes a domingo | De 10 a 20 h
26 Out 2021- 31 Mai 2022
De 9 a 21 horas
28 Out 2021 - 17 Abr 2022
De martes a domingo | De 10 a 20 horas