Día da Ilustración 2021 | Lolita Díaz Baliño

O Día da Ilustración dedícase por primeira vez a unha muller, Lolita Díaz Baliño.
 
O Día da Ilustración (30 de xaneiro) é unha data impulsada pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade en colaboración coa Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI). Este ano 2021 dedícase por vez primeira a unha muller, Lolita Díaz Baliño (A Coruña, 1925-1963), relevante e esquecida pintora e ilustradora. A Biblioteca de Galicia quere sumarse a esta efeméride coa mostra bibliográfica, Lolita Díaz Baliño: a discreción imposta dunha grande artista.
 
Se non che é posible achegarte a vela presencialmente, podes facelo nesta visita virtual 
 

A web www.diadailustracion.gal tamén se actualizou neste 2021 para ofrecer unha completa información sobre esta artista multidisciplinar, adiantada ao seu tempo, que deixou un prolífico traballo nalgunhas das publicacións periódicas más importantes da época, como CéltigaGalicia gráfica ou La Voz de Galicia. O seu estilo, que combinaba o arte-decó con temáticas influenciadas polo pensamento rexionalista, poida que teña a súa mellor representación nas súas ilustracións de mulleres modernas, decididas e elegantes, que aínda hoxe resultan actuais.

No vídeo realizado pola AGPI para conmemorar a súa figura, e que se se pode ver nesta ligazón podemos achegarnos visualmente a esta creadora, que forma parte dunha das grandes familias de artista do noso país, e que foi unha das primeiras mulleres en ingresar (1938) na Real Academia Galega de Belas Artes, xunto coa pintora Carmen Corredoyra.

 
Exposicións
 
 
29 Nov 2023 - 28 Abr 2024
De martes a domingo | De 10 a 20h
5 Dec 2023 - 19 Mai 2024
22 Mar — 4 Ago 2024
De martes a domingo | De 10 a 20 h
Xul 2024 — Xan 2025
De martes a domingo | De 10 a 20 h