Culture: City

A Cidade da Cultura deseñada por Peter Eisenman viaxa este ano a Europa para formar parte da exposición Culture: City, unha gran exposición que reúne grandes proxectos arquitectónicos de todo o mundo postos ao servizo da cultura e da sociedade.

Culture: City ofrécelle ao visitante un percorrido por este universo a través dos modelos orixinais e de películas e guiados por un iPad persoal. Unha novidosa interacción na que o espectador poderá ir das maquetas, as fotografías ou as ideas orixinais ás pezas audiovisuais, poñendo de manifesto a relación entre cultura, arquitectura e espazo urbano.

A Berlin Akademie der Künste seleccionou algunhas das más impresionantes infraestruturas que seguen o que se deu en chamar “modelo Guggenheim”, polo que a creación dunha espectacular institución cultural convertiuse nun símbolo optimista de cambio e convertiuse nun catalizador do renacemento económico  e social.

Xunto coa  Cidade da Cultura de Galicia, a Berlin Akademie reproducirá os proxectos da Guangzhou Opera House de China, a Tate Modern de londres, o Parasol Metropol de Sevilla, o Centro Pompidou Mobile, a Queens Library de Nova York, o Caochangdi Art District de Pequín, a The High Line neoiorquina, o Eichbaumpoer de Essen (Alemaña), o Big Yellow Rabbit de Suecia ou a Detroit Soup.

Tras o seu paso pola Berlin Akademie der Künste, a exposición Culture: City iniciará unha xira itinerante que a levará ata Austria, onde permanecerá exposta na Kunsthaus de Graz desde xuño a outubro.

 
Exposicións
 
29 Nov 2023 - 28 Abr 2024
De martes a domingo | De 10 a 20h
5 Dec 2023 - 19 Mai 2024
22 Mar — 4 Ago 2024
De martes a domingo | De 10 a 20 h
Xul 2024 — Xan 2025
De martes a domingo | De 10 a 20 h