CARNE y ARENA (Virtualmente presente, Fisicamente invisible)

Por primeira vez na Península Ibérica, chega a Santiago de Compostela CARNE y ARENA (Virtualmente presente, Fisicamente invisible), unha vangardista experiencia inmersiva de realidade virtual dirixida polo cineasta Alejandro G. Iñárritu que explora a condición humana das persoas migrantes e refuxiadas.

Merca a túa entrada en Ataquilla.com. PRAZAS LIMITADAS!

CARNE y ARENA estreouse en 2017 no 70º Festival de Cine de Cannes como o primeiro proxecto de realidade virtual na historia do festival. Ese mesmo ano, Iñárritu recibiu un Oscar® especial por CARNE y ARENA, e a curtametraxe foi recoñecida pola Academia como "unha experiencia narrativa excepcional".

Baseada en relatos reais, as liñas superficiais entre suxeito e espectador esvaecen ata mesturarse, permitindo a quen participa na experiencia pasear por un vasto espazo e experimentar en profundidade un fragmento das viaxes persoais das persoas refuxiadas. Unha experiencia deseñada como unha travesía de quince minutos para unha persoa, que xira arredor dunha secuencia de realidade virtual experimentada por tres visitantes simultáneos en salas separadas, con tecnoloxía inmersiva de vangarda para crear un espazo multinarrativo de luz con personaxes humanas.

"Durante o desenvolvemento deste proxecto, tiven o privilexio de coñecer e entrevistar a moitos inmigrantes e refuxiados mexicanos e centroamericanos," conta Iñárritu. "As súas historias de vida perseguíanme, así que convidei a algúns deles a colaborar comigo no proxecto. A miña intención era experimentar coa tecnoloxía de realidade virtual para explorar a condición humana nun intento por romper coa ditadura do encadre, dentro do que as cousas só se observan, e reclamar o espazo para permitir así ao visitante unha experiencia directa, camiñando nos pés do inmigrante, por debaixo da súa pel, e dentro do seu corazón."

CARNE y ARENA, 2017 / Alejandro González Iñárritu, dirixindo durante unha toma de captura de movemento / Crédito: © Legendary / Foto: Chachi Ramírez

CARNE y ARENA, 2017 / Selena, unha nai de Guatemala, durante a recreación dixital da súa imaxe / Crédito: © Legendary / Foto: Chachi Ramírez

 

Que di a prensa internacional sobre CARNE y ARENA?

  • “Unha rompedora mestura de exhibición artística, realidade virtual, simulación e recreación histórica” | The New York Times
  • “O emprego da tecnoloxía —unido á area baixo os teus pés— converten a experiencia en realmente evocadora” | The New York Times
  • “Emerxín de “CARNE y ARENA” a tremer, conmocionado e profundamente conmovido” | Washington Post
  • “Unha das primeiras obras mestras de realidade virtual” | Forbes
  • “Rómpeche o corazón (…) A visión de Iñárritu funciona tan ben que saín da instalación chorando e emocionalmente esgotado” | Vanity Fair
  • “Unha xenialidade (…) Brillante (…)” “É seguramente unha das experiencias artísticas máis intensas que vivín nunca” | The Denver Post
  • “Hai que vela” | La Presse
  • “CARNE y ARENA é unha experiencia abraiante, difícil de superar, e que te deixará totalmente conmocionado” | Observer
 
 CARNE y ARENA, 2017 / Unha persoa usuaria, durante a experiencia / Crédito da foto: Enmanuel Lubezki

 

Sobre Alejandro González Iñárritu

Alejandro G. Iñárritu é un director, guionista, locutor e compositor mexicano, gañador de catro Premios Óscar. É un dos cineastas máis aclamados e recoñecidos a nivel mundial, nomeadamente por contar historias conmovedoras e internacionais sobre a condición humana. Dirixiu filmes como Amores perros (2000), 21 gramos (2003), Babel (2006), Biutiful (2010), Birdman (2014) o The Revenant (2015).

Sobre PHI Studio

Con base en Montreal, PHI Studio centra as súas actividades na produción de traballos inmersivos en realidade virtual (VR), realidade aumentada (AR), e realidade estendida (XR). Pioneira en experiencias interactivas, PHI Studio recibiu recoñecemento internacional pola súa produción innovadora, experiencia técnica e logros ao servizo de novas formas de narración, colaborando con artistas, creadores, directores e produtores de diferentes contextos.

Sobre Emerson Collective

Emerson Collective emprega unha ampla gama de ferramentas, desde o investimento de impacto ata a filantropía e a promoción, na procura duns Estados Unidos máis equitativos e xustos. Céntranse en crear un cambio sistémico na educación, a inmigración, o clima e a investigación e o tratamento do cancro.

Sobre Legendary Entertainment

Legendary Entertainment é unha empresa de medios de comunicación que conta con operacións de cine (Legendary Pictures), televisión e dixital (Legendary Television e Digital Media) e banda deseñada (Legendary Comics) que posúen, producen e distribúen contido para audiencias internacionais.

Sobre 90_20

90_20 é unha plataforma de produción cultural que conecta ambos lados do Atlántico mediante a colaboración con artistas internacionais para crear experiencias sensibles que impactan na contorna, na comunidade e no observador, e enriquecen o gusto pola creación artística, destacando a capacidade que ten a arte contemporánea para servir como ferramenta de transformación, integración e innovación.

 
Exposicións
 
27 Set - 18 Dec de 2022
De 10.00 a 20.00 horas
De martes a domingo
16 a 20 h | Sáb-Dom e festivos tamén de 11 a 14.30 h
21 Out 2022 - 17 Abr 2023
De martes a domingo | De 10 a 20 h
11 Nov 2022 — 9 Abr 2023
De martes a domingo | De 10 a 20 h
De Nov 2022 a Mai 2023
De 9.00 a 21.00 horas
18 Nov 2022 a 28 Xan 2023
De 11.00 a 20.00 horas
21 Nov 2022 a Xan 2023
De 9.00 a 21.00 horas