Visitas didácticas en liña | Faraón. Rei de Exipto

Quen non soñou con atopar os tesouros dunha civilizacion milenaria como a exipcia? Que segredos garda a colección de exiptoloxía do British Museum? Activamos as visitas comentadas en liña para alumnado de segundo e terceiro ciclo de Educación Primaria para unha das novas exposicións do Museo Centro Gaiás: Faraón. Rei de Exipto que suporá ao mesmo tempo unha aventura interactiva e un achegamento riguroso á arte e á cultura exipcia. Despois dun curso lectivo longo, no que a covid-19 e as medidas rigorosas a cumprir nos puxeron a proba, o equipo de Educación e Mediación da Cidade da Cultura vai procurar que o alumnado que participe pase un tempo de lecer que non se contrapón, senón todo o contrario, con adquirir novos coñecementos. Neste caso, sobre o interesante mundo das piramides e dos Faraóns.

 

Desde o British Museum chega a Galicia,Faraón. Rei de Exipto unha espectacular viaxe a unha das máis poderosas, enigmáticas e veneradas civilizacións da Historia. A través das visitas comentadas en liña para os centros escolares, co que o alumnado vai explorar o simbolismo e o ideario da monarquía exipcia; e mergullarse nos relatos que se ocultan detrás dos obxectos e das imaxes que nos deixou como herdanza este imperio.

Coa colaboración da Fundación "la Caixa" e no marco do Xacobeo 2021, a mostra chega á Cidade da Cultura con 137 pezas da colección do prestixioso Museo Británico que inclúen desde estatuas monumentais, ourivería ou obxectos cotiás coas que a vosa rapazada vai descubir a cara humana dos deuses que rexeron os destinos de Exipto hai milleiros de anos.

Os formatos de streaming que xa eran naturais para os máis novos e novas e que xa forman parte das nosas vidas por causa de esta pandemia como Zoom, Twich ou YouTube, dannos a posibilidade de viaxar sen sair da aula e de aportar materiais exclusivos dun dos mellores museos do mundo como é o British Museum.

 
Visitar
 
15 Xul - 9 Xan 2022
17.00 h
21 Set 2021 - 21 Dec 2021
10.00 h| 12.30 h
Outono 2021
Sábados, domingos e festivos | 11h
Outono 2021
De martes a domingo
26 Out 2021 - 20 Feb 2022
17.00 horas
28 Out 2021 - 17 Abr 2022
17.00 horas