Visitas comentadas a 'Cinema e emocións. Unha viaxe á infancia'

Vinde descubrir das mans dos nosos guías a exposición Cinema e emocións. Unha viaxe á infancia, un percorrido pola historia do cinema e polas nosas emocións máis humanas a través da ollada sempre pura e sorprendente da cativada. 

Fragmentos de películas de diferentes xéneros, épocas e latitudes, ademais de debuxos, storyboards, fotografías de rodaxe, carteis, maquetas ou obxectos senlleiros trasladaranvos ás películas que marcaron a vosa infancia ao tempo que vos farán redescubrir o medo, a ilusión, rabia ou a alegría a través da ollada dos seus protagonistas, sexan actores reais ou personaxes xurdidos da fantasía dun debuxante. 

CINEMA E EMOCIÓNS

A mostra danos a oportunidade de revisitar filmes inesquecibles como Alicia no país das marabillas, Os 400 golpes, O meu veciño Totoro, Tempos modernos, Monstros S.A., Cinema Paradiso, O ladrón de bicicletas, Toy Story, Parque Xurásico, Mary Poppins ou os galegos A lingua das bolboretas, de José Luís Cuerda, e Todos vós sodes capitáns, de Oliver Laxe.

As pezas proveñen das coleccións de La Cinémathèque française, que se contan entre as máis ricas do mundo no ámbito cinematográfico, así como dos fondos persoais dalgúns cineastas e coleccionistas.

 

Medidas de seguridade sanitaria poscovid-19

  • Obriga de vir con máscara de protección por parte das persoas asistentes.
  • Haberá xel hidroalcólico na entrada da exposición.
  • Manterase en todo momento a distancia de seguridade.
  • Deberán seguirse en todo momento as indicacións do persoal guía da visita.
 
Exposicións
 
29 Nov 2023 - 28 Abr 2024
De martes a domingo | De 10 a 20h
5 Dec 2023 - 19 Mai 2024
22 Mar — 4 Ago 2024
De martes a domingo | De 10 a 20 h
Xul 2024 — Xan 2025
De martes a domingo | De 10 a 20 h