Visita comentada en liña a Galicia, un relato no mundo

O mércores 25 e o xoves 26 de marzo mergullámonos en Galicia, un relato no mundo nunha visita comentada en liña moi especial a través do Twitter. Foi da man de Miguel Ángel Cajigal (@elbarroquista) e Xoán Escudero (@FAremberg), dous dos nosos compañeiros do Servizo de Educación, Mediación, Información e Asistencia ao público do Museo Centro Gaiás, que habitualmente realizan as visitas comentadas de balde presenciais que ofrece a Cidade da Cultura.

Grazas ao seu enxeño emprendemos un divertido percorrido por algunhas das pezas imprescindibles desta exposición única e descubrimos as historias que agochan. Seguro que non lles foi doado facer unha selección!

Se non a seguiches en directo a través da nosa canle en Twitter, podes recuperala aquí:

 
Visitar
 
De balde
Punto de encontro: Museo Centro Gaiás
30 nov 2023 a 28 Abr 2024
Martes ás 17.00 horas
22 Mar — 4 Ago 2023
Museo Centro Gaiás | Andar 2
12 Set 2023 - 21 Xuñ 2024
10.30 h | 11.30 h | 12.30 h | 13.30 h
6 Abril 2024
Ás 11.30 horas e ás 16.30 horas