O mércores 25 e o xoves 26 de marzo mergullámonos en Galicia, un relato no mundo nunha visita comentada en liña moi especial a través do Twitter. Foi da man de Miguel Ángel Cajigal (@elbarroquista) e Xoán Escudero (@FAremberg), dous dos nosos compañeiros do Servizo de Educación, Mediación, Información e Asistencia ao público do Museo Centro Gaiás, que habitualmente realizan as visitas comentadas de balde presenciais que ofrece a Cidade da Cultura.
Grazas ao seu enxeño emprendemos un divertido percorrido por algunhas das pezas imprescindibles desta exposición única e descubrimos as historias que agochan. Seguro que non lles foi doado facer unha selección!
Se non a seguiches en directo a través da nosa canle en Twitter, podes recuperala aquí:
- I PARTE: https://bit.ly/VisitaFiadaGURNM_Parte1
- II PARTE: https://bit.ly/VisitaFiadaGURNM_Parte2

4 Xul 2023 - 7 Xan 2024
17.00 h
12 Set 2023 - 20 Xuñ 2024
10.00 h | 11.00 h | 12.00 h | 13.00 h | 16.00 h
30 nov 2023 a 28 Abr 2024
Martes ás 17.00 horas