Rosalía de Castro na biblioteca de Agustín Sixto Seco

A Biblioteca e Arquivo de Galicia acolle a exposición Rosalía de Castro na biblioteca de Agustín Sixto Seco, coa que se pon en valor os fondos donados pola familia deste médico e intelectual galeguista á institución que acolle a Cidade da Cultura.

O interese de Sixto Seco (Mugardos, 1926) por Rosalía naceu en 1947 ao escoitar unha conferencia do seu profesor José Pérez López-Villamil, titulada La personalidad enferma de Rosalía de Castro, en que o profesor expoñía que o sufrimento patobiográfico se reflectía no rostro de Rosalía. A partir desta conferencia, Agustín Sixto Seco profundizará ao longo da súa vida no estudo da personalidade de Rosalía a través dunha nova ciencia, a psico-neuro-inmunoloxía, que trata da relación entre a saúde do corpo e as emocións. Todos estes estudos culminan no traballo Achegamento médico-antropolóxico á personalidade de Rosalía que presenta no ano 1985 ao Congreso Internacional de Estudos sobre Rosalía de Castro e o seu Tempo.

 
Exposicións
 
De Nov 2022 a Mai 2023
De 9.00 a 21.00 horas
7 Mar - 25 Xuñ 2023
De martes a domingo | De 10 a 20 h
Mar - Set 2023
De 9.00 a 21.00 horas
22 Mar - 6 Ago 2023
De luns a domingo | De 10 a 20 h
De martes a domingo
27 Xuñ 2023 - 7 Xan 2024
De martes a domingo | De 10 a 20 h