Plástico a mareas | Colabora co Gaiás nunha instalación artística nas Hejduk!

[ Fotografía de banner de cabeceiro: María Arceo, realizada por Matthew Joseph ]

Con motivo da celebración do Día Internacional do Medio Ambiente (5 de xuño) as Torres Hejduk, da Cidade da Cultura de Galicia, acollerán a intervención artística Plástico a mareas de María Arceo, compostelá residente en Londres desde 1984, onde se graduou en Belas Artes na Escola de Arte de Camberwell e máis tarde cun Posgrao en Arte e Educación do Deseño da Universidade de Goldsmith. As súas obras sempre teñen unha forte carga de denuncia dos danos medioambientais que está a provocar o exceso de lixos e residuos que xera a sociedade actual.

Precisamente, Plástico a mareas trátase dunha intervención, co patrocinio de Viaqua, para alertar da destrución ambiental polo desmedido consumo de plástico e advertir dos graves riscos de contamimación do medio, e sobre todo dos fondos mariños.

Neste caso, María Arceo empregará para a súa intervención refugallos de plástico recollidos no litoral da costa galega. O obxectivo é recrear nas Torres Hejduk —espazo da Cidade da Cultura destinado a intalacións artísticas unha experiencia de percepción multisensorial, de carácter inmersivo, coa intención de provocar fisicamente os e as asistentes; transportalos ao mesmo fondo do océano e, desa maneira, proporcionarlles a oportunidade de visualizar e percibir a través de cheiros, sons e luces, non só os problemas que a presenza de plásticos xera na auga, senón que, finalmente, se consiga estimular e espertar hábitos de consumo responsable.

Por que pedimos a túa colaboración?

  • Se de xeito individual ou dentro dun colectivo ou asociación estás tamén a limpar praias galegas de refugallos plásticos, gustaríanos que fose este material o que, xunto ao que está a recoller a mesma María Arceo, o que formase parte da intervención.
  • Precisamente, a artista compostelá —residente en Londres estará no mes de maio facendo limpeza de plásticos en zonas do litoral galego para esta intervención nas Torres Hejduk, polo que estaría disposta a participar e ser convidada en recollidas organizadas.
  • Pola túa colaboración, estás convidado/a á inauguración o 5 de xuño da intervención Plástico a mareas, para que vexas o resultado da túa aportación, á vez que como pequeno detalle de agradecemento polo teu xesto solidario e de respecto medioambiental.

Que tipo de material precisa a instalación artística?

  • Todo tipo de plásticos recollidos nas praias e no litoral galego, desde refugallos plásticos como botellas, tapas, bolsas... ata redes, cordóns ou paus-tiburón das bateas.

Onde e como facer a entrega?

  • Cidade da Cultura, na área de servizo das Torres Hejduk
  • Para outras entregas fóra da Cidade da Cultura, contactar con María Arceo no Tfn. 698 152 968 e na dirección de correo electrónico maria@mariaarceo.com

Datas de recollida?

  • Os luns 6, 13, 20 e 27 de maio
  • De 16 a 20  horas
 

Contacto para a entrega, as dúbidas ou máis información?


Marcía Arceo vai colaborar na iniciativa europea Let's Clean-Up Europe!, na que participa o patrocinador Viaqua nas cidades galegas de Ourense (10 de maio) e Santiago (11 de maio), axudando a limpar en Compostela os plásticos da contorna do río Sar, xa que é consciente de que moitos destes refugallos chegan ao mar, procedentes dos ríos. Empregará parte do que recolla na instalación artística das Torres Hejduk.

 
 
Exposicións
 
29 Nov 2023 - 28 Abr 2024
De martes a domingo | De 10 a 20h
5 Dec 2023 - 19 Mai 2024
22 Mar — 4 Ago 2024
De martes a domingo | De 10 a 20 h
Xul 2024 — Xan 2025
De martes a domingo | De 10 a 20 h