As Nocturnas - Flor Novoneyra

Sesión DJ, pestiscos e viño para a descuberta, doutro xeito diferente e vinculada ao lecer, da exposición Flor Novoneyra,  que reúne dous grandes da nosa cultura: Antón Lamazares e Uxío Novoneyra. 

Esta descuberta singular da mostra tamén o é porque será da man do propio artista, Antón Lamazares, e do equipo comisariado da exposición: Uxío Novoneyra fillo e a comisaria da mesma, María Díaz.

Unha noite distendida de lecer, música e moita arte, incluída a dos participantes, xa que teñen a oportunidade de probar a facer súa propia creación en láser-grafiti. 

Flor Novoneyra

Flor Novoneyra está formada por máis de cen pezas inéditas realizadas por Lamazares nos dous últimos anos entre Berlín e Madrid, nas que o autor fusiona a súa pintura cunha selección de versos de Uxío Novoneyra traducidos ao Alfabeto Delfín, un código inspirado no abecedario occidental creado por Lamazares en homenaxe ao seu pai e utilizado en todas as facetas da súa vida e obra desde o ano 2012. Lamazares percorre nesta mostra todos os poemarios do autor e os poemas de Novoneyra flúen no cadro sen deixar nada ao azar. As pinturas de Antón Lamazares, traballadas como soños, variacións, brillos e capas que nos trasladan a grandes teas rothkianas están elaboradas a base de cores da nosa terra, da nosa luz e do noso imaxinario. E o soporte, humilde e transgresor, traballado como a terra se traballa na aldea, sementado, mollado e secado, o cartón. 

 

A conexión Lamazares-Novoneyra refórzase nesta mostra coa exhibición de cincuenta caligramas realizados polo poeta do Courel, considerado un dos introdutores da poesía caligráfica na literatura galega, un espazo sonoro no que reencontrarse coa voz de Novoneyra e catro retratos realizados por Laxeiro, Tino Grandío, Tavera e Lorente.

 

Programa da Nocturna

  • 21h: Recibimento e benvida por parte do persoal do Museo Gaiás aos asistentes e comezo da visita comentada á exposición Flor Novoneyra da man do mesmo equipo que comisariou a mostra: Uxío Novoneyra fillo e pola comisaria da mesma, María Díaz.
  • 22h: No Balcón do Hall de Tirantes: Comezo da sesión de DJ Chiri con petiscos e viño, cortesía de Galicia Calidade. Posibilidade de participar no obradoiro experimental de láser grafitti: 'Pintando con viño'.
 
Exposicións
 
18 Mar - 5 Set 2021
Aberta de martes a domingo | De 10 a 20 horas
23 marz - 8 ago 2021
Aberta de luns a domingo | De 10 a 20 horas
27 Mar - 15 Ago 2021
De martes a domingo, de 10 a 20 horas
30 Abr - 27 Xuñ 2021
De 10 a 20 horas
14 mai - 30 ago 2021
Aberta de 9 a 21 horas
20 Mai - 11 Xul 2021
De martes a domingo
Do 9 Xuñ ao 20 Out 2021
De 9 a 21 horas
29 Xuñ -29 Ago 2021
14 Xul 2021 - 9 Xan 2022
De luns a domingo | De 10 a 20 h