Lino González Rubido

A Biblioteca e Arquivo de Galicia propón coa exposición Lino González Rubido, un debuxante esquecido na prensa compostelá dar a coñecer a recente adquisición da colección de debuxos e caricaturas deste artista galego que, na década dos 40, publicou as súas viñetas humorísticas no xornal compostelán La Noche.

A nova mostra da Biblioteca recolle un total de 75 debuxos e caricaturas de Lino González Rubido. Na década dos 40, Lino González publicou as súas viñetas humorísticas en ‘La Noche’, suplemento de ‘El Correo Gallego’. Ademais, fixo ilustracións para algún libro, das cales se conservan aínda varios exemplares, como as ilustracións para unha edición de ‘Rimas’, de Bécquer, e outras para o conto ‘Aladino e a lámpada marabillosa’. Tamén se conservan os deseños para unha baralla de cartas e unha serie de pequenos debuxos numerados do 1 ao 13, que se empregarían na ilustración de tarxetas postais. Pero a parte máis importante desta colección de debuxos, desde un punto de vista numérico, son as caricaturas.

Sen tempo para desenvolver unha carreira non só prometedora, senón mesmo de resultados patentes, falece aos trinta anos, na madrugada do 14 de outubro de 1946, de tifo, en Santiago de Compostela, onde está enterrado no cemiterio de San Domingos de Bonaval.


 
Exposicións
 
1 Abr - 7 Ago 2022
De luns a domingo | De 10 a 20 h
8 Abr - 28 Ago 2022
De martes a domingo | De 10 a 20 h
5 Mai - 28 Ago 2022
De luns a domingo | De 10 a 20 h
20 Mai - 4 Set 2022
Museo do Mar de Galicia | Vigo
20 Mai - 20 Xul 2022
De martes a domingo | De 11 a 14 h e de 16 a 21 h
07 Xuñ - 4 Set 2022
De martes a domingo | De 10 a 20 horas
1 Xul - 18 Set 2022
ENTRADAS XA Á VENDA
Do 16 Xuñ ao 13 Xul
De 10.00 a 20.00 horas
17 Xuñ - 30 Xul 2022
Luns - Sábados | 12.00-14.00 e 17.00-21.00 h