Binomios fantásticos | Gaiás en xogo 2026

Laboratorio creativo para rapazada a partir de 6 anos

Na era do dixital, unha homenaxe ao analóxico: un lugar para xogar cos materiais e os conceptos, onde as mans miúdas exploran libremente e a imaxinación voa. Binomios fantásticos é unha proposta que convida ao diálogo creativo e estético, conectando ideas aparentemente distantes entre si, e procurando a beleza e as posibilidades artísticas dos obxectos cotiás.

Os Binomios fantásticos son unha técnica literaria desenvolvida polo escritor e pedagogo italiano Gianni Rodari (1920-1980) no seu libro Gramática da fantasía. Trátase de unir dous conceptos que non teñen relación entre eles para crear unha conexión da que xorde unha idea para inventar un relato. Da xenialidade de Rodari nace esta proposta artística que promove a cultura da reutilización creativa, defendendo a segunda vida dos obxectos como portadores de beleza, capaces de estimular a reflexión e ofrecer recursos para a educación e a arte.

Información de acceso

  • A partir de 6 anos
  • Acceso de balde con inscrición. Reserva a túa quenda!
  • De haber anulacións, as prazas dispoñibles publicaranse automaticamente na columna de reservas
  • Obradoiro concibido para realizar en familia: os nenos e nenas deberán estar acompañadas dunha persoa adulta responsable, que participará activamente da actividade e deberá tamén reservar praza
  • Monitorado da actividade: Arte y Garabato

Arte y garabato

Arte y Garabato: educación artística y creativa investiga, deseña e desenvolve actividades lúdicas e creativas para a infancia, familias ou persoas adultas desde un enfoque pedagóxico e baseadas en procesos creativos de artistas contemporáneos/as.

En cada proposta, investíganse diferentes linguaxes artísticas e materiais, explorando as súas posibilidades formais, estéticas e creativas, dialogando coa singularidade da arquitectura e a paisaxe, que se converten en fonte de inspiración. O proxecto está creado e dirixido por Cristina González Larriba, historiadora da arte, educadora e xestora cultural.

 
En familia
 
27, 28 Feb e 1 Mar
Mañá e tarde
27, 28 Feb e 1 Mar
Mañá e tarde
27, 28 Feb e 1 Mar
Mañá e tarde
27, 28 Feb e 1 Mar
27, 28 Feb e 1 Mar
14 Mar 2026
De 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas