Obradoiro de stop-motion
Sábados 4, 11, 18 e 25 de febreiro
A través de catro sesións, nenos de entre 6 e 14 anos crearon a súa propia curtametraxe de animación, participando en todas as súas fases: guión, personaxes e rodaxe. Plastilina, area, pedras, figuras de plástico ou papel celofán serán algúns dos materiais que empreguen para crear os seus protagonistas e escenarios aos que logo lles darán vida ante unha cámara, manipulando focos, movendo as figuriñas ou partes do decorado, ou fotografando as diferentes escenas, dando lugar a unha auténtica película.
Obradoiro de cinema mudo
Domingos 5, 12, 19 e 26 de febreiro
A través da construción de coñecidos xoguetes ópticos como o Taumatropo, o Zootropo ou o Flipbook, nenos de entre 5 e 12 anos descubriron ao longo de catro sesión e dunha forma amena e divertida as orixes da imaxe en movemento e do propio cine. Isto permitiulles experimentar coa luz e coas sombras e a elaborar historias e personaxes protagonistas das súas propias tiras de cinema mudo.






