Día das Escritoras na Biblioteca de Galicia 2021

O luns 18 de outubro conmemórase o Día das Escritoras e a Biblioteca de Galicia súmase á celebración desta efeméride cunha sesión que buscar servir de homenaxe á obra e á figura dunha das autoras máis prezadas das nosas letras.

Baixo o título "Non se acouga con tanta multitude": unha aproximación á obra literaria de Xohana Torres, o Auditorio Neira Vilas acollerá unha conversa entre Montse Pena Presas e Dolores Vilavedra que revisará dende unha perspectiva poliédrica e divulgativa a súa traxectoria, abordando todos os xéneros que cultivou a poeta, dramaturga e ensaísta galega. Esta abordaxe comezará pola poesía de Xohana Torres, para seguir coa escrita dramática e a produción narrativa, sen esquecer o seu papel como pioneira da literatura infantil e xuvenil galega. 

A conversa entre estas dúas docentes e investigadoras permitirá ademais que nos acheguemos a súa propia experiencia como autoras de ensaio. 

Interveñen

Montse Pena

Montse Pena Presas

Profesora de didáctica da lingua e da literatura na Universidade de Santiago de Compostela e integrante do grupo RODA de dita universidade. A súa actividade investigadora céntrase fundamentalmente nos ámbitos da literatura infantil e xuvenil e nos estudos de xénero.  Como crítica literaria, colabora no Diario Cultural da Radio Galega e en revistas académicas como Grial.

Dolores Vilavedra

Dolores Vilavedra

Profesora de literatura galega na Universidade de Santiago de Compostela. Especialista en narrativa galega contemporánea, exerce habitualmente a crítica en diferentes medios académicos e divulgativos. Na actualidade, asume a responsabilidade institucional de secretaria do Consello da Cultura Galega.

 
Letras & Pensamento
 
25 — 29 Ago 2024
PRAZO DE INSCRICIÓN ABERTO ATA 24 MAI
Ata 19 Mar 2024
Convocatoria pechada