Descubrindo o Castelao maxistral con... Carlos Valle

Carlos Valle é doutor en Historia da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela. Director, desde 1986, do Museo de Pontevedra ostenta e ostentou ademais diferentes cargos en sendas institucións dedicadas ao patrimonio das que cabe destacar que é membro do Patronato do Museo do Pobo Galego, do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) e do Museo Arqueolóxico Nacional (ata 2003), presidente da Confederación Española de Centros de Estudios Locales (CECEL- CSIC) (1993-2001) e  correspondente das Reales Academias de la Historia, Bellas Artes de San Fernando, Nacional de Belas Artes de Portugal y Santa Isabel de Hungría de Sevilla, ademais académico numerario da Real Academía Galega de Belas Artes de Nosa Señora do Rosario.

Foi comisario de importantes exposicións, entre elas “Castelao: 1886-1950” (Pontevedra, 2000). É autor de numerosas publicacións (máis de duascentas cincuenta) sobre temas da súa especialidade.

Está en posesión, entre outras distincións, da Medalla de Galicia, do Premio Cidade de Pontevedra e do Premio Voz del Año de la Cultura.

 
Exposicións
 
29 Nov 2023 - 28 Abr 2024
De martes a domingo | De 10 a 20h
5 Dec 2023 - 19 Mai 2024
22 Mar — 4 Ago 2024
De martes a domingo | De 10 a 20 h
Xul 2024 — Xan 2025
De martes a domingo | De 10 a 20 h