O Gaiás acolle o V Festival de Bandas Infantís e Xuvenís de Galicia con 600 rapaces e rapazas de 12 agrupacións

Fotos: Manuel G. Vicente
Santiago de Compostela, 10 de Xullo de 2022

A Cidade da Cultura de Galicia acolle hoxe durante toda a xornada a V edición do Festival de Bandas Infantís e Xuvenís de Galicia, no que arredor de 600 músicos novos, de 12 formacións musicais, interpretan os repertorios elixidos para a ocasión. En concreto, participan as Bandas Xuvenís da Banda de Música Municipal de Celanova, da Escola de Música de Salceda, e da Escola da Banda a Unión de Guláns, así como as bandas das escolas da Agrupación Musical do Rosal e do Ateneo Musical de Bembrive. Tamén estarán presentes no festival a Xove Banda de Valga, a Unión Musical de Tenorio, a Banda Infantil e Xuvenil de Antas de Ulla e as bandas xuvenís de Santa Cruz de Ribadulla, Castrelo-Cambados e Lalín.

O certame inclúe por último un concerto da Banda Sinfónica Xuvenil Galega, formada por medio cento de intérpretes pertencentes a diferentes bandas e conservatorios da comunidade, baixo a dirección dos mestres José Luis Tielas Santiago e Pedro Miguel Ralo Serrano. O peche ao Festival porao esta tarde a interpretación conxunta do Himno galego, por parte de todas as bandas, na praza central do Gaiás, e a entrega de diplomas conmemorativos coa participación da directora xerente da Cidade da Cultura de Galicia, Ana Isabel Vázquez, e o presidente da Federación Galega de Bandas de Música Populares (FGBMP), Iván Estévez. O encontro está organizado pola FGBMP e a Xunta de Galicia, a través da Consellería Cultura, Educación, FP e Universidades, coa colaboración da Deputación da Coruña.

 
Fotos: Manuel G. Vicente
Fotos: Manuel G. Vicente
Fotos: Manuel G. Vicente
Fotos: Manuel G. Vicente
Fotos: Manuel G. Vicente
Fotos: Manuel G. Vicente
Fotos: Manuel G. Vicente
Fotos: Manuel G. Vicente