Xincana do Día do Medio Ambiente

Para festexar o Día do Medio Ambiente na Cidade da Cultura propoñémosvos a descuberta en familia da flora e da fauna do monte Gaiás, a través de retos e probas a superar en equipo. E para iso nada máis divertido e efectivo cunha xincana!!

A través do xogo imos ensinarvos dun xeito lúdico algunha das especies autóctonas plantadas no Bosque de Galicia; as especies foráneas que medran no Parque do Teatro; e tamén as que o fan dun xeito salvaxe e natrual, e que son propias do monte Gaias, situadas ao redor do lago natural situado a carón do Xardín Literario; e tamén seguro que neste percorrido de desafíos ides albiscar algunha das especies de aves que aniñan nesta contorna.

Ademais, a xincana vaivos dar a oportunidade de aprender algún dos usos actuais e tamén pasados das especies arbóreas, así como algunha propiedade medicinal das especies de plantas tratadas.

                                                       PROBAS E RETOS

As probas comezará na explanada situda a carón do Parque da Balea e rematarán preto das esculturas cilíndricas de Manolo Paz, 'Espellos'. Trátase dun xeito de fiar natureza, arte e respecto ambiental.

Durante as probas empregaranse códigos QR para facilitar o desenvolvemento da xincana: un mapa global, e unha guía co relatorio de probas e tamén as solucións aos retos aos que vos ides ir enfrontando ao longo desta divertida e familiar xincana.