Moda e electrónica serán os compoñentes da roupa do futuro. A Cidade da Cultura convídanos a adiantarnos no tempo e confeccionar o noso primeiro wearable, prendas que incorporan todo tipo de dispositivos que nos fan a vida máis sinxela. Coñece as tecnoloxías e-téxtiles e viste como o farán os cidadáns do futuro.
22 - 26 xuñ [Agás 24 xuñ] | 29 - 3 xull
De 10.00 a 15.00 h (+servizo madruga desde as 8.00h)

