Como nos ve a xente de fóra de Galicia? Nesta visita guiada á mostra Detrás do espello descubrirás, da man do noso equipo de guías, unha ollada diferente do noso país a través de recoñecidos nomes da literatura, as artes plásticas, a fotografía, o cinema, a ciencia e o pensamento, que desde diferentes recantos do mundo afondaron na realidade galega ou se deixaron inspirar por ela.
Comisariada por Antón Reixa e Xosé Luís García Canido, a mostra recolle as visións de Galicia de medio centenar de grandes nomes da cultura universal do último século, testemuñas que abranguen desde Gabriel García Márquez a Albert Einstein, Luis Buñuel, Isabel Coixet, Julio Cortázar, Anna Turbau, José Luis Cuerda, Cristina García Rodero, Stefan Zweig ou Federico García Lorca, entre outros.
Día do Medio Ambiente
Visitas guiadas especiais á mostra o sábado 3 e domingo 4 de xuño, con motivo da conmemoración do Día Mundial do Medio Ambiente. Preme para RESERVAR PRAZA de balde.
Información a ter en conta
- De balde
- As visitas comentadas precisan reserva previa: podes comprobar na columna da dereita as datas, horario e dispoñibilidade.
- Os/as menores que asistan á visita deberán estar sempre acompañados/as dunha persoa adulta responsable.
- A exposición pode tamén visitarse por libre, sen guía, sen necesidade de reserva previa.
- Deberán seguirse en todo momento as instruccións do persoal responsable da visita.
