Visitas comentadas á Cidade da Cultura

Coñece coa axuda dos nosos guías a espectacular arquitectura da Cidade da Cultura de Galicia, a súa xénese e funcións actuais, os espazos naturais do monte e as exposicións que alberga o Museo Centro Gaiás. A través da nosa oferta de visitas comentadas poderás achegarte de xeito ameno e divulgativo a esta singular infraestrutura e á súa oferta cultural. Preme sobre as imaxes para descubrir os diferentes tipos de visitas que ofrecemos e reservar a túa quenda.

Visita arquitectónica á
Cidade da Cultura de Galicia

Visita á exposición «Luz na Terra. 
O Seminario de Estudos Galegos»