Visitas comentadas | Camiños creativos

Que teñen en común a obra de Maruja Mallo e a de John Constable? En que se parece un cadro de Turner a unha performance de Marina Abramovic? A exposición Camiños creativos lévanos a explorar a relación entre a arte e o movemento e afonda en como o desprazamento a pé se integra no proceso artístico. Nesta visita guiada á mostra descubrirás, da man do noso equipo de guías, artistas que camiñan para crear, arte que se crea camiñando ou obras que cómpre camiñar para comprender. 

Camiños creativos exhibe no Museo Centro Gaiás pezas de grandes mestres da pintura, como William Turner, John Constable, Gustave Courbet, Camille Corot, Théodore Rousseau, Carlos de Haes, Joaquín Sorolla, ou os Macchiaioli italianos, converténdose nunha das poucas oportunidades de ver en Galicia obra de grandes paisaxistas ingleses como precisamente Turner e Constable. Comisariada pola galega Monserrat Pis Marcos, conservadora do Holburne Museum en Bath, a mostra posúe unha destacada dimensión internacional amosando un centenar de obras do século XVIII ata a actualidade, procedentes dunha trintena de museos e coleccións de oito países europeos. Na recta final deste Xacobeo 21-22 Camiños creativos é o gran proxecto expositivo internacional co que o Goberno galego despide esta cita ata a súa vindeira edición.

A mostra tamén achega ao público galego unha destacada escolma da creación contemporánea máis actual, con nomes como os de David Hockney —un dos pintores vivos máis influentes na arte do s.XX— Jeppe Hein —artista danés coñecido polas súas instalacións sensoriais e interactivas—, Cristina Iglesias —unha das artistas españolas actuais con máis recoñecemento internacional, premio de Arquitectura da Royal Academy—, Jesús Rafael Soto —grande figura da arte latinoamericana do s. XX, con obras en coleccións como a do MoMA—, ou Julian Opie —un dos artistas internacionais máis mediáticos das últimas décadas, que ten traballado con U2 ou Blur—.

Información a ter en conta

  • De balde
  • As visitas comentadas precisan reserva previa: podes comprobar na columna da dereita as datas, horario e dispoñibilidade.
  • Os/as menores que asistan á visita deberán estar sempre acompañados/as dunha persoa adulta responsable.
  • A exposición pode tamén visitarse por libre, sen guía, sen necesidade de reserva previa.
  • Deberán seguirse en todo momento as instruccións do persoal responsable da visita.

/

 
Visitar
 
De balde
Punto de encontro: Museo Centro Gaiás
30 nov 2023 a 28 Abr 2024
Martes ás 17.00 horas
22 Mar — 4 Ago 2023
Museo Centro Gaiás | Andar 2
12 Set 2023 - 21 Xuñ 2024
10.30 h | 11.30 h | 12.30 h | 13.30 h